A Sección de admisión da Sala do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo inadmite o Recurso de Casación (nº 3112/2021) do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia contra a Sentenza 45/2021 do 9 de febreiro ditada pola Sala do Contencioso Administrativo, Sección 3 do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no Procedemento Ordinario 7198/2020 que desestimou o recurso contencioso-administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade de 29/01/2020 que desestimou o recurso de reposición contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo

Recurso de reposición contra a licitación da Consellería de Política Social e Xuventude para a Contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución, estudo de seguridade e saúde e servizo de dirección de obras de remodelación para implantación dun novo modelo residencial de maiores da Xunta de Galicia na residencia de maiores A Milagrosa en Lugo incluído dentro do “Plan de Recuperacion, Transformacion e Resiliencia -financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU”. (Referencia de expediente CPS-2023-0007; Expediente 10/2023)