Actuacións do Colexio

17-02-2021
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo COAG contra a resolución da Consellería de Infraestruturas e  Mobilidade de 29/01/2020 que desestima o recurso de reposición interposto contra os pregos e a licitación do expediente de contratación do servizo para a redacción do proxecto básico para urbanización dunha praza pública na parcela da actual Estación de Autobuses de Lugo.
17-02-2021
O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza desestima o recurso contencioso administrativo interposto polo COAG contra a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia do 25 de novembro de 2019 que desestima  contra a contratación do proxecto da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Lugo
17-02-2021
O concello de Lugo desestima o recurso de reposición interposto polo COAG contra o acordo da Xunta de goberno local 6/646 de aprobación da contratación do servizo da dirección de obra, dirección de execución material e coordinación en materia de seguridade e saúde durante a execución das obras de construccion dun edificio de benestar social Aquilino Iglesia
29-01-2021
Sentencia do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Vigo no Procedemento Ordinario nº 134/2020 derivado do recurso do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais contra una resolución do Concello de Vigo pola denegación dun Informe de Avaliación de Edificios dunha edificación residencial asinado por un enxeñeiro Industrial.
12-01-2021
O COAG interpón recurso de reposición en impuganción da licitación do Concello de Lugo para a contratación do Servizo de dirección facultativa das obras do Edificio de Benestar Social Aquilino Iglesia.
10-12-2020
O Concello de Bande desestimou o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación da licitación para contratar os servizos de arquitectura para a redacción do proxecto técnico de execución de rehabilitación integral da Reitoral de Santa Comba, Bande.