Categoría

Deputación da Coruña – lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña

Deputación da Coruña – lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña

No BOP-A Coruña de 1 de setembro, publícase o anuncio da Deputación provincial da Coruña de Apertura do prazo de presentación de solicitudes para o proceso selectivo destinado á elaboración dunha lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña.

Enlace ao BOP-A Coruña

Últimos días_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca

Últimos días_concurso de proxectos para o deseño do equipamento cultural ou edificio de usos culturais do Concello de Carballo e da súa comarca

En relación coa convocatoria, publicada na Plataforma de Contratación do Estado, do Concurso de proxectos, anónimo con intervención de Xurado, mediante procedemento en dúas fases, a nivel de ideas previas e anteproxectos, co fin de seleccionar a mellor proposta arquitectónica para o deseño do novo edificio de equipamento cultural do Concello de Carballo, no que colabora o COAG, infórmase que o Concello convocante acordou ampliar o prazo de presentación de ofertas do Concurso de proxectos, fixando como nova data límite para a presentación das ofertas o 4 de setembro de 2026, ás 23:59 horas. read more…

Atlantía | Dispoñible a gravación da mesa redonda con Anna Bofill e Isabel Aguirre, moderada por Teresa Táboas

Atlantía | Dispoñible a gravación da mesa redonda con Anna Bofill e Isabel Aguirre, moderada por Teresa Táboas

Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da última sesión de Atlantía, cunha mesa redonda entre Anna Bofill e Isabel Aguirre, moderada por Teresa Táboas. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas. read more…

Miño a través dos sentidos: percorridos paisaxísticos nas sendas do municipio

Miño a través dos sentidos: percorridos paisaxísticos nas sendas do municipio

Miño a través dos sentidos é unha proposta divulgativa de percorridos paisaxísticos guiados polas sendas municipais de Miño. A actividade permite descubrir os valores ambientais, culturais e de deseño destes espazos a través da experiencia directa, da interpretación da paisaxe e da mirada dos técnicos que traballaron no seu desenvolvemento.

Cada percorrido ofrece unha lectura sensorial e cultural da paisaxe, conectando natureza, patrimonio e proxecto.

read more…

Deputación da Coruña – lista provincial para a selección de persoal funcionario interino para prazas de arquitecto/a nos concellos da provincia da Coruña

Concello de Pontevedra – Unha praza de Arquitecto/a

No BOP-Pontevedra de 20 de agosto publícase o anuncio polo que se convocan os procesos selectivos e se da publicidade ás bases xerais e específicas que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público para os anos 2024, 2025 e 2026. read more…

Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Vero Sánchez, de N´undo Arquitectura

Atlantía | Dispoñible a gravación coa intervención de Vero Sánchez, de N´undo Arquitectura

Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da intervención de Vero Sánchez, de N´undo Arquitectura. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas.

Enlace á gravación.