No BOP-Pontevedra de 20 de agosto publícase o anuncio polo que se convocan os procesos selectivos e se da publicidade ás bases xerais e específicas que regulan a convocatoria dos procesos selectivos para cubrir prazas vacantes no Concello de Pontevedra incluídas na oferta de emprego público para os anos 2024, 2025 e 2026.
Entre as prazas convocadas, figura a de:
Grupo segundo o artigo 76 do Texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, aprobado por Real decreto lexislativo 5/2015: A. Subgrupo A1. Clasificación: escala de administración especial, subescala técnica, clase técnicos/as superiores. Número de vacantes: 1. Denominación: Arquitecto/a, mediante quenda libre.
