Está dispoñible en CanalCOAG a gravación da última sesión de Atlantía, cunha mesa redonda entre Anna Bofill e Isabel Aguirre, moderada por Teresa Táboas. O evento ATLANTÍA pretendeu reunir, nunha xornada que tivo lugar o xoves, 18 de xuño, no Naútico de San Vicente do Mar a visión de varias arquitectas de xeracións diferentes, e con perfís profesionais tamén moi diversos. Un evento que pretende continuar no tempo, amosando o traballo, implicación e diversidade de tantas profesionais arquitectas e que aspira tamén a descubrir e servir de plataforma para aquelas máis novas.
Atlantía | Dispoñible a gravación da mesa redonda con Anna Bofill e Isabel Aguirre, moderada por Teresa Táboas
