Categoría

Presentación da publicación “Guía de cor e materiais de Galicia”

Presentación da publicación “Guía de cor e materiais de Galicia”

O día 23 de outubro, tivo lugar na localidade de Redes, a presentación deste traballo por parte do presidente da Xunta de Galicia, que pretende dotar á Comunidade dunhas directrices técnicas, científicas e obxectivas para regular o emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes de Galicia.
read more…

Lista aberta de colexiados dispostos a axudar no proceso de recuperación das zonas afectadas polos incendios

Lista aberta de colexiados dispostos a axudar no proceso de recuperación das zonas afectadas polos incendios

A Xunta de Goberno do COAG, recolle e asume a proposta da nosa compañeira Elisa Otero Ouro.

As dantescas novas destes días en Galiza están no corazón e na mente de todos os galegos, que estamos sobrecollidos e indignados polos tráxicos sucesos que os incendios deixaron tras de sí. O noso colexio de arquitectos ten que solidarizarse cos veciños e veciñas, e colaborar ofrecendo apoio ás familias perxudicadas, co apoio de todos os que o sostemos. O colexio ten carencia dunha canle solidaria. Debería existir un proceso colaborativo onde todos os arquitect@s galegos interesados en axudar ás nosas familias despoxadas dos seus lares, teñan unha canle de apoio e comunicación. Moitos queremos e temos mans para ofrecer. O colexio é un dos nosos medios. read more…

Curso de iniciación á simulación enerxética con Open Studio

Curso de iniciación á simulación enerxética con Open Studio

A Coruña, 20 e 21 de outubro

A simulación enerxética trata de construír un edificio “virtual” sobre o que se calculan as diferentes opcións enerxéticas (envolvente / sistemas/…) de forma interrelacionada co fin de alcanzar determinados valores obxectivo (os da regulamentación ou outros) ou de optimizar mediante a confección de diferentes escenarios aqueles que proporcionen un maior beneficio enerxético ao edificio. Trátase pois dunha potente ferramenta de análise e de proxecto enfocada desde o punto de vista do deseño para a eficiencia enerxética. read more…