Arquivo para octubre 4th, 2017

A Deputación Provincial de Pontevedra estima parcialmente o recurso de reposición interposto polo COAG en impugnación das bases do concurso de ideas para a selección das tres mellores propostas de proxecto de ponte peatonal e de bicicletas sobre o Miño

Posted by / 4 octubre 2017 / Categories: COAGactua, Concursos, Recursos / 0 Comments

Por Resolución Presidencial de 4 de outubro de 2017, estimouse parcialmente o RECURSO DE REPOSICIÓN interposto con data de 25 de setembro de 2017, contra a convocatoria e as Bases reguladoras do “Concurso de Ideas, con intervención de Xurado, para a selección de tres propostas de estudo técnico que serva de base para a redacción do proxecto construtivo dunha ponte para peóns e bicicletas sobre o Río Miño, entre os Parques Espazo Fortaleza en Goián-Tomiño (España) e o Castelinho en Vila Nova de Cerveira (Portugal), no marco do Proxecto 0044_VISIT_RIO_MINHO_1_P, cofinanciado polo FEDER (75%) dentro da primeira convocatoria de axudas do programa operativo de Cooperación Transfronteiriza España – Portugal (POCTEP) 2014-2020 INTERREG V A.”.

Enlace ao documento.

Oferta de R para colexiados

Posted by / 4 octubre 2017 / Categories: Campañas COAG, coag, Uncategorised / 3 Comments

R oferta unha serie promocións especiais nos seus produtos e servizos para colexiados do COAG, tanto para aqueles que xa son clientes de R, como para os que inda non o son. Continuar lendo →

Promocións especiais para colexiados do COAG en produtos e servizos de R

Posted by / 4 octubre 2017 / Categories: coag, Compras colectivas, Ofertas colectivas / 0 Comments

R oferta unhas promocións especiais para colexiados, tanto para aqueles que xa son clientes de R, como para os que inda non o son. Preme neste (enlace) para ver máis detalles.

Adscrición e máis información

Tanto para adscribirse como para obter máis información sobre esta oferta chamarase ao teléfono 1446, identificándose como colexiado do COAG e proporcionando o número de colexiado.

Concello de Betanzos. Licitación do servizo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Betanzos 2017-2021

Posted by / 4 octubre 2017 / Categories: Concursos, Urbanismo / 0 Comments

No Boletín Oficial da Provincia de A Coruña do día 2 de outubro anúnciase a Licitación do servizo de redacción do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Betanzos 2017-2021. Continuar lendo →

Visítenos en FacebookVisítenos en TwitterVisit Us On Instagram