R oferta unha serie promocións especiais nos seus produtos e servizos para colexiados do COAG, tanto para aqueles que xa son clientes de R, como para os que inda non o son.

Máis detalles sobre esta promoción na nova páxina de Ofertas para o colectivo.

Por outra banda, no marco do convenio subscrito con R, os colexiados, con independencia de cal sexa o seu operador, disporán nas delegacións do COAG de acceso a Internet wifi gratuíto. Este acceso xa se atopa actualmente habilitado nas delegacións da Coruña, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Vigo e Santiago. En breve estará dispoñible na delegación de Lugo, unha vez rematen as obras necesarias para a instalación. O persoal da delegación proporcionará aos colexiados interesados o contrasinal da rede wifi correspondente.