No BOP da Coruña do 11/09/2015 publicouse a nova Ordenanza de inspección técnica de edificacións adaptada á vixente lexislación en materia de rehabilitación, rexeneración e renovación urbanas. En breve anunciaranse os cursos de formación desta nova ordenanza. Tamén dicir que con anterioridade no BOP da Coruña do 16/06/2015 o Concello de Santiago publicou a súa normativa o caso. Máis información sobre ITE´s Galicia Continuar lendo →
Novas de ITE
Dende a delegación de Ourense do COAG convócase este curso práctico co fin de coñecer os criterios, procedementos e responsabilidades que como arquitectos teremos na elaboración das inspeccións técnicas de edificios, e para que todos os colexiados dispoñan do curso de formación requirido no convenio de colaboración asinado o 22 de outubro de 2013 entre o Excmo. Concello de Ourense e o COAG. O devandito curso celebrarase os días 10 e 11 do mes de abril, e o número de prazas está limitado a 50.
Para máis información e inscricións premer no seguinte enlace
Inspección Técnica de Edificios en Galicia. Relación de documentación
Comentarios recientes