Orientacións para a integración da prevención de riscos laborais no deseño de cubertas

14 Mar 2024

Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), como órgano técnico da Xunta de Galicia en materia de prevención de riscos laborais, dannos traslado do documento elaborado polo Grupo de Traballo de Construcción da Comisión Nacional de Seguridade e Saúde no Traballo (CNSST).

Tanto dos datos correspondentes a CCAA de Galicia como a España, ponse de manifesto que un elevado número de accidentes graves e mortais do sector da construción prodúcense por caídas de altura mentres se realizan traballos de reparación ou mantemento nas cubertas de edificacións (xa sexa por caída polo borde da cuberta, por rotura desta ou de elementos translúcidos da mesma cando so pisados polo traballador accidentado).

A finalidade deste documento é facilitar orientacións para que os profesionais con competencias para proxectar edificacións téñanas en consideración durante o deseño das mesmas e, deste xeito, concíbanse edificacións con cubertas seguras. As pautas recollidas no dito documento servirán tanto para proxectos de obra de nova construcción de edificios (naves industriais, vivendas unifamiliares, edificios de usos múltiples etc.) como para proxectos de rehabilitación ou de reforma que afecten á cuberta dunha edificación xa existente.

Tamén cómpre lembrar que tanto o DB SUA COMENTADO” como a Guía para a elaboración do Libro do Edificio Existente para a rehabilitación. Instrucións, recomendacións, consellos e exemplos para a xustificación do anexo I do Real Decreto 853/2021” recollen referencias sobre a temática das cubertas así como información relativa á detección da presencia de amianto para a súa eliminación.

Para descargar, pica aquí.

 

Compartir