Normativa en exposición ao público de interese para a profesión

24 maio 2023

Atópase en período de presentación de suxestións, ate o 1 de xuño, o anteproxecto de Decreto de modificación de determinados aspectos do Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as Normas de Habitabilidade de Vivenda de Galicia.

Órgano ou entidade tramitadora: Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS)

Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda – Instituto Galego de Vivenda e Solo

Obxecto: o obxecto deste anteproxecto de decreto é a modificación de determinados aspectos do Decreto 29/2010 que son substanciais e puntuais para dar solución á problemática que supón para algunhas cidades o feito do progresivo abandono dos locais destinados a usos comerciais que cesan a súa actividade, motivados polas costumes e formas de vida, pola creación de centros comerciais, pola crise económica sufrida, etc.

Por outro lado, contempla modificacións non substanciais, froito da oportunidade para aclarar e adecuar a norma co obxecto de simplificala e eliminar redundancias con outros textos normativos.

Estado actual: en prazo de envío de suxestións.

Prazo para remitir suxestións: ate o 01/06/2023.

ENLACE AO PORTAL DE TRANSPARENCIA.

Compartir