O Consello da Xunta de Galicia aprobou, na sesión de 3 de decembro, o Informe sobre o sometemento a consulta pública previa a elaboración do anteproxecto de Lei de arquitectura de Galicia.
Obxectivos:
- Potenciar o recoñecemento da arquitectura como elemento básico para a mellora do entorno construído, contribuíndo á protección e salvagarda do patrimonio natural e cultural.
- Impulsar a calidade da arquitectura pola súa capacidade de dar resposta ás necesidades actuais da cidadanía, o que repercutirá na mellora da calidade de vida das persoas.
- Poñer en valor a arquitectura como elemento que está unido á configuración histórica da paisaxe, polos seus valores patrimoniais, de identidade e polas súas características construtivas respectuosas co entorno.
- Contribuír ao desenvolvemento sostible do modelo de asentamento poboacional no territorio da nosa comunidade autónoma, e facilitar o impulso da rehabilitación e renovación do patrimonio construído, mellorando a habitabilidade, a accesibilidade universal e a supresión de barreiras, a eficiencia enerxética e a adaptación ás novas formas de vida e de traballo.
- A procura da simplificación normativa e a axilización de trámites.
- Contribuír a desenvolver o potencial de crecemento económico e de emprego que ten a arquitectura.
- Creación do Consello da Arquitectura de Galicia, con representación dos colexios profesionais e institucións do ensino, as artes e as empresas, e con funcións de asesoramento, seguimento, proposta e comunicación, cun senso transversal.
- Establecer as condicións para a posible delegación nos colexios profesionais de funcións das Administracións que atinxen directamente á arquitectura, como os informes de calidade arquitectónica e adecuación ao patrimonio cultural ou a elaboración de catálogos, especialmente os de arquitectura contemporánea.
- Fomentar o ensino, a divulgación e a sensibilización, especialmente na xente nova, sobre a arquitectura como ben e actividade de interese xeral e social que incide directamente na calidade do entorno construído, na relación e benestar das persoas, a cohesión social sen desigualdades e a sostibilidade ambiental, económica e enerxética.
Órgano ou entidade impulsora: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Departamento: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda
Estado actual: Consulta aberta
Prazo para remitir achegas/opinións: 04/12/2020 – 04/01/2021
Forma de remitir achegas/opinións: poderán ser presentadas cantas achegas/opinións se estimen convenientes por vía electrónica a través do formulario habilitado nesta mesma páxina.