Acordos da Xunta de Galicia en materia de vivenda

0
Posted by / 28 abril 2020 / Categories: Activa, Covid19, Normativa, Publicada en Portada / -

No DOG de 27 de abril, dase publicdade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 25 de abril de 2020, entre os que figuran algúns en materia de vivenda.

Oitavo. Acordo interpretativo en relación coas obras que supoñan unha intervención en edificios existentes

Premer para o texto en Galego

A Orde SND/340/2020, do 12 de abril, pola que se suspenden determinadas actividades relacionadas con obras de intervención en edificios existentes nas cales exista risco de contaxio polo COVID-19 para as persoas non relacionadas coa dita actividade, regula, no seu único artigo, medidas excepcionais en materia de obras de intervención en edificios existentes, e así dispón:

“1. Establécese a suspensión de toda clase de obra que supoña unha intervención en edificios existentes, nos supostos en que no inmoble en que deba executarse se encontren persoas non relacionadas coa actividade de execución da obra, e que, debido á súa localización permanente ou temporal, ou a necesidades de circulación, e por causa de residencia, traballo ou outras, poidan ter interferencia coa actividade de execución da obra, ou co movemento de traballadores ou traslado de materiais.

2. Exceptúanse desta suspensión as obras referidas no número anterior nas cales, por circunstancias de sectorización do inmoble, non se produza interferencia ningunha coas persoas non relacionadas coa actividade da obra.

3. Así mesmo, quedan tamén exceptuados os traballos e obras puntuais que se realicen nos inmobles coa finalidade de realizar reparacións urxentes de instalacións e avarías, así como as tarefas de vixilancia”.

A citada orde ten por obxecto eliminar o incremento de risco de contaxio polo COVID-19 que se produciría no caso de que se realicen obras en edificios ocupados como consecuencia das interferencias entre os operarios das obras e os ocupantes dos edificios.

Polo tanto, a orde recolle a prohibición de realizar obras en edificios ocupados, independentemente do seu uso, agás que se trate de obras puntuais de reparacións urxentes ou que se poida garantir que non se producen as ditas interferencias.

A falla de concreción desta medida xera diferentes criterios de interpretación que provocan unha grande incerteza aos profesionais dos sectores afectados. Debe terse en conta que a medida afecta uns 20.000 autónomos en Galicia. Así mesmo, unha interpretación extensiva das restricións que impón a medida impediría levar a cabo actuacións compatibles coa filosofía do Real decreto 463/2020 (traballar en espazos amplos e cunha limitación do número de traballadores).

Ante os inconvenientes e as dúbidas expostas por diferentes colectivos afectados pola aplicación desta orde, o Cecop, por proposta da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, considera conveniente adoptar uns criterios interpretativos que clarifiquen posibilidades de actuación en función das distintas situacións que se poden dar en obras que se realicen en edificios existentes con ocupantes alleos ás propias obras. Todo iso sen prexuízo, loxicamente, da adopción por parte dos traballadores das correspondentes medidas de seguridade e saúde laboral exixidas.

Neste sentido, acórdase adoptar os seguintes criterios de interpretación da Orde SND/340/2020:

1. Poderán realizarse, en calquera caso, os traballos e obras puntuais que teñan por finalidade realizar reparacións urxentes de instalación e avarías, así como tarefas de vixilancia.

En particular, a referencia a reparacións e avarías permite interpretar que os traballos e obras que se van realizar poderán estenderse a calquera intervención sobre instalacións ou elementos construtivos do edificio, sempre que teña un carácter de urxente.

Este tipo de intervención poderá realizarse, en todo caso, tanto en espazos ou elementos comúns do edificio como nos elementos privativos del.

2. Respecto das obras xa iniciadas que se viron afectadas pola paralización derivada da aplicación do Real decreto lei 10/2020, do 29 de marzo, polo que se regula un permiso retribuído recuperable para as persoas traballadoras por conta allea que non presten servizos esenciais, co fin de reducir a mobilidade da poboación no contexto da loita contra o COVID-19, deben entenderse incluídas no concepto de reparación urxente:

a) As obras que sexan necesarias para finalizar ou completar a instalación ou substitución de ascensores xa iniciadas, cando a súa paralización comprometa as condicións mínimas de accesibilidade da edificación.

b) As obras que sexan necesarias para finalizar ou completar as actuacións de rehabilitación edificatoria xa iniciadas consistentes en traballos de mantemento ou de intervención en espazos comúns ou privativos en edificios colectivos, cando o estado actual da obra afecte de modo significativo, as condicións de habitabilidade, salubridade, hixiene e accesibilidade da vivenda ou sexan necesarias para a eliminación de barreiras arquitectónicas de tal xeito que se permita o uso normal da edificación.

3. Ademais das obras de reparación de carácter urxente, tamén se poderán realizar obras en edificios ocupados cando sexa posible garantir que, nos espazos interiores do edificio, con independencia de que o seu uso sexa comunitario ou privativo, non se producirán interferencias e posibles contactos entre os ocupantes e o persoal encargado das obras nin durante a actividade de execución da obra, nin co movemento dos traballadores nin coas operacións de traslado de materiais. Neste sentido cómpre precisar:

– Considerarase que non existe interferencia entre usuarios e operarios da construción cando, dadas as características da obra e as previsións adoptadas para desenvolvela, sexa posible realizar tanto a execución da obra como o acceso dos operarios e o transporte dos materiais por espazos exteriores alleos aos espazos comúns ou privativos situados no interior dos edificios.

– Tamén se considerará que non existe interferencia cando deban ser utilizados espazos comúns ou privativos, interiores ou exteriores da edificación (garaxes, accesos, elementos de comunicación, zonas de rochos, terrazas, zonas axardinadas, etc.), e poida garantirse que estes espazos quedarán axeitadamente sectorizados e que serán utilizados en exclusiva polo persoal adscrito á obra durante todo o período de duración desta.

Cumpridas algunha das dúas condicións anteriores, as operacións puntuais de conexión coas redes de servizos do edificio (auga, enerxía eléctrica, etc.) necesarias para garantir a subministración dos servizos que sexan precisos para poder acometer a obra, non se considerarán actuacións que impliquen unha interferencia entre operarios e ocupantes que impida a súa execución, xa que o risco que supoñen estas operacións non difire doutras actuacións permitidas (transporte de mercadorías, alimentos, subministración de combustible para calefacción ou auga quente, etc.).

4. Non se considerará que existe interferencia cos ocupantes nas actuacións de reparación de fachadas ou cubertas realizadas polo exterior das edificacións, malia que nos ditos elementos poidan existir ventás ou elementos de comunicación cos espazos interiores ocupados.

5. As intervencións en vivendas unifamiliares poderán realizarse cando se poida garantir que a execución das obras, movemento dos obreiros e transporte de materiais se realicen por espazos exteriores ou por espazos interiores da edificación que durante todo o período de execución das obras sexan utilizados exclusivamente polo persoal encargado da súa execución, sen interferencia cos ocupantes das vivendas.

Nestes casos tampouco se considerará que supoñan unha interferencia entre operarios e ocupantes da vivenda, que impida a realización das obras, a realización de operacións puntuais de conexión coas redes de servizo indicadas no punto 2 deste acordo interpretativo.

Enlace ao anuncio completo no DOG.


Acuerdos de la Xunta de Galicia en materia de vivienda

En el DOG de 27 de abril, se da publicdad a diversos acuerdos del Centro de Coordinación Operativa de la situación de emergencia sanitaria en el territorio de la Comunidad Autónoma de Galicia (Cecop), del 25 de abril de 2020, entre los que figuran algunos en materia de vivenda.

Octavo. Acuerdo interpretativo en relación con las obras que supongan una intervención en edificios existentes

Pulsar para el texto en Castellano

La Orden SND/340/2020, de 12 de abril, por la que se suspenden determinadas actividades relacionadas con obras de intervención en edificios existentes en las cuales exista riesgo de contagio por el COVID-19 para las personas no relacionadas con dicha actividad, regula, en su único artículo, medidas excepcionales en materia de obras de intervención en edificios existentes, y así dispone:

“1. Se establece la suspensión de toda clase de obra que suponga una intervención en edificios existentes, en los supuestos en que en el inmueble en que deba ejecutarse se encuentren personas no relacionadas con la actividad de ejecución de la obra, y que, debido a su ubicación permanente o temporal, o a necesidades de circulación, y por causa de residencia, trabajo u otras, puedan tener interferencia con la actividad de ejecución de la obra, o con el movimiento de trabajadores o traslado de materiales.

2. Se exceptúan de esta suspensión las obras referidas en el apartado anterior en las cuales, por circunstancias de sectorización del inmueble, no se produzca interferencia alguna con las personas no relacionadas con la actividad de la obra.

3. Asimismo, quedan también exceptuados los trabajos y obras puntuales que se realicen en los inmuebles con la finalidad de realizar reparaciones urgentes de instalaciones y averías, así como las tareas de vigilancia”.

La citada orden tiene por objeto eliminar el incremento de riesgo de contagio por el COVID-19 que se produciría en el caso de que se realicen obras en edificios ocupados como consecuencia de las interferencias entre los operarios de las obras y los ocupantes de los edificios.

Por lo tanto, la orden recoge la prohibición de realizar obras en edificios ocupados, independientemente de su uso, excepto que se trate de obras puntuales de reparaciones urgentes o que se pueda garantizar que no se producen dichas interferencias.

La falta de concreción de esta medida genera diferentes criterios de interpretación que provocan una gran incertidumbre a los profesionales de los sectores afectados. Debe tenerse en cuenta que la medida afecta a unos 20.000 autónomos en Galicia. Asimismo, una interpretación extensiva de las restricciones que impone la medida impediría llevar a cabo actuaciones compatibles con la filosofía del Real decreto 463/2020 (trabajar en espacios amplios y con una limitación del aforo de trabajadores).

Ante los inconvenientes y las dudas expuestas por diferentes colectivos afectados por la aplicación de esta orden, el Cecop, a propuesta de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio y Vivienda, considera conveniente adoptar unos criterios interpretativos que clarifiquen posibilidades de actuación en función de las distintas situaciones que se pueden dar en obras que se realicen en edificios existentes con ocupantes ajenos a las propias obras. Todo ello sin perjuicio, lógicamente, de la adopción por parte de los trabajadores de las correspondientes medidas de seguridad y salud laboral exigidas.

En este sentido, se acuerda adoptar los siguientes criterios de interpretación de la Orden SND/340/2020:

1. Podrán realizarse, en cualquier caso, los trabajos y obras puntuales que tengan por finalidad realizar reparaciones urgentes de instalación y averías, así como tareas de vigilancia.

En particular, la referencia a reparaciones y averías permite interpretar que los trabajos y obras que se van a realizar podrán extenderse a cualquier intervención sobre instalaciones o elementos constructivos del edificio, siempre que tenga un carácter de urgente.

Este tipo de intervención podrá realizarse, en todo caso, tanto en espacios o elementos comunes del edificio como en los elementos privativos del mismo.

2. Respecto de las obras ya iniciadas que se vieron afectadas por la paralización derivada de la aplicación del Real decreto ley 10/2020, de 29 de marzo, por el que se regula un permiso retribuido recuperable para las personas trabajadoras por cuenta ajena que no presten servicios esenciales, con el fin de reducir la movilidad de la población en el contexto de la lucha contra el COVID-19, deben entenderse incluidas en el concepto de reparación urgente:

a) Las obras que sean necesarias para finalizar o completar la instalación o sustitución de ascensores ya iniciadas, cuando su paralización comprometa las condiciones mínimas de accesibilidad de la edificación.

b) Las obras que sean necesarias para finalizar o completar las actuaciones de rehabilitación edificatoria ya iniciadas consistentes en trabajos de mantenimiento o de intervención en espacios comunes o privativos en edificios colectivos, cuando el estado actual de la obra afecte de modo significativo, las condiciones de habitabilidad, salubridad, higiene y accesibilidad de la vivienda o sean necesarias para la eliminación de barreras arquitectónicas de tal modo que se permita el uso normal de la edificación.

3. Además de las obras de reparación de carácter urgente, también se podrán realizar obras en edificios ocupados cuando sea posible garantizar que, en los espacios interiores del edificio, con independencia de que su uso sea comunitario o privativo, no se producirán interferencias y posibles contactos entre los ocupantes y el personal encargado de las obras ni durante la actividad de ejecución de la obra, ni con el movimiento de los trabajadores ni con las operaciones de traslado de materiales. En este sentido hay que precisar:

– Se considerará que no existe interferencia entre usuarios y operarios de la construcción cuando, dadas las características de la obra y las previsiones adoptadas para desarrollarla, sea posible realizar tanto la ejecución de la obra como el acceso de los operarios y el transporte de los materiales por espacios exteriores ajenos a los espacios comunes o privativos situados en el interior de los edificios.

– También se considerará que no existe interferencia cuando deban ser utilizados espacios comunes o privativos, interiores o exteriores de la edificación (garajes, accesos, elementos de comunicación, zonas de trasteros, terrazas, zonas ajardinadas, etc.), y pueda garantizarse que estos espacios quedarán adecuadamente sectorizados y que serán utilizados en exclusiva por el personal adscrito a la obra durante todo el período de duración de esta.

Cumplidas alguna de las dos condiciones anteriores, las operaciones puntuales de conexión con las redes de servicios del edificio (agua, energía eléctrica, etc.) necesarias para garantizar el suministro de los servicios que sean precisos para poder acometer la obra, no se considerarán actuaciones que impliquen una interferencia entre operarios y ocupantes que impida su ejecución, ya que el riesgo que suponen estas operaciones no difiere de otras actuaciones permitidas (transporte de mercancías, alimentos, suministro de combustible para calefacción o agua caliente, etc.).

4. No se considerará que existe interferencia con los ocupantes en las actuaciones de reparación de fachadas o cubiertas realizadas por el exterior de las edificaciones, pese a que en dichos elementos puedan existir ventanas o elementos de comunicación con los espacios interiores ocupados.

5. Las intervenciones en viviendas unifamiliares podrán realizarse cuando se pueda garantizar que la ejecución de las obras, movimiento de los obreros y transporte de materiales se realicen por espacios exteriores o por espacios interiores de la edificación que durante todo el período de ejecución de las obras sean utilizados exclusivamente por el personal encargado de su ejecución, sin interferencia con los ocupantes de las viviendas.

En estos casos tampoco se considerará que supongan una interferencia entre operarios y ocupantes de la vivienda, que impida la realización de las obras, la realización de operaciones puntuales de conexión con las redes de servicio indicadas en el punto 2 de este acuerdo interpretativo.

Enlace al anuncio completo en el DOG.

About the author

Comentarios pechados.

Visit Us On FacebookVisit Us On TwitterVisit Us On InstagramVisit Us On Youtube