Concello de Boiro – Convocatoria e bases de selección dun/ha arquitecto/a (funcionario de carreira)

19 Nov 2021

No BOP-A Coruña de 19 de novembro, publícase a Resolución da Alcaldía de Boiro pola que se aproban as bases e a convocatoria para a cobertura en propiedade dunha praza de arquitecto (funcionario/a de carreira) polo sistema selectivo de concurso-oposición libre correspondente á Oferta de Emprego Público do Concello de Boiro do ano 2019.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles, a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial do Estado.

Enlace ao BOP.

 

Compartir