O obxectivo do curso é introducir os conceptos necesarios para que os arquitectos poidan incorporar criterios de deseño e posta en obra adecuados para unha correcta xestión dos Residuos de Construción e Demolición (RCD) de acordo con a normativa vixente, así como para posibilitar a reincorporación daqueles que sexan adecuados no proceso produtivo seguindo criterios de Construción Circular.
O curso estrutúrase para achegar unha base técnica suficiente e analizar as distintas fases da obra nas que pode participar o técnico e cales son as opcións de actuación. Para iso:
1.Considérase de forma específica, tanto a nivel teórico como con algúns exemplos, como dar resposta aos criterios e requirimentos definidos dentro do marco normativo para facilitar o cumprimento da lexislación de carácter estatal, autonómico e local relativa á xestión dos RCD nas distintas fases:
- na fase de proxecto, estratexias de circularidade a aplicar en proxecto e contidos do Estudo de Xestión de Residuos (EGR) relativos á estimación cualitativa e cuantitativa dos RCD e aos destinos previstos ou potenciais para os mesmos.
- na fase de execución de obra, valóranse as posibilidades de actuación para unha correcta xestión en obra dos diferentes tipos de RCD, os requirimentos documentais e normativos e os contidos e obrigacións vinculadas ao Plan de Xestión de Residuos (PGR).
2.Considéranse así mesmo os requisitos vinculados á xestión dos RCD establecidos no Real Decreto 853/2021, do 5 de outubro, polo que se regulan os programas de axuda en materia de rehabilitación residencial e vivenda social do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia: incorporación de criterios para o seu cumprimento en EGR e PGR e documentación técnica vinculada ao seu cumprimento e xustificación posterior.
3.Por último, analízase o marco conceptual e lexislativo que posibilita que os materiais saíntes da obra poden ter unha segunda vida, e cales son as opcións dos técnicos de contribuír ao desenvolvemento de estratexias de Construción Circular, que expoñen un mercado emerxente asociado, así como novos retos e novas posibilidades de actuación para o sector da arquitectura.
Duración total:
10 horas [8 horas webinars | 2 horas actividades offline]
Prezos
- Matrícula ordinaria: 60 euros.
- Arquitectos colexiados: 30 euros.
- Arquitectos colexiados subscritos ao servizo de formación: 15 euros.
Metodoloxía
- Flexibilidade para o alumno, seguimento en directo ou en diferido.
- Aproximación práctica.
- Fomento da participación.
- O curso desenvólvese integramente en liña, utilizando como soporte a plataforma de formación en liña do COAG (moodle.coag.es). Esta plataforma será o medio a través do cal se canalizará toda a operativa do curso, e nela habilitaranse todas as actividades e recursos que se utilicen.
Aforo e prazos de matrícula
O aforo é limitado.
- Prazo de inscrición preferente (exclusivo para os colexiados do COAG subscritos ao servizo de formación): ata o domingo 25 de setembro ás 23:59 horas, ou ata esgotar as prazas dispoñibles.
- Todas as modalidades: dende as 23:59 horas do domingo 25/09/2022 ata o domingo 02/10/2022 ás 23:59 horas, ou ata esgotar as prazas dispoñibles.
Programa completo e matrícula: