Indícase que xa se poden consultar os resultados provisionais das eleccións colexiais celebradas o día 11 de maio de 2023 para cubrir cargos da Xunta de Goberno e das Xuntas Directivas das Delegacións de A Coruña, Ourense e Santiago de Compostela.
No prazo máis breve posible e, en todo caso, no de quince días, a Comisión Electoral formada por tódolos presidentes das mesas e presidida polo colexiado máis antigo dos que a compoñan, verificará as actas orixinais, dirimirá os incidentes, reclamacións e protestas que se produzan e fará a proclamación definitiva dos resultados, sen prexuízo da pendencia das impugnacións que houbera.