COAG8M Construíndo a igualdade

8 Mar 2024

Co fin de traballar no desenvolvemento do Plan de Igualdade do CSCAE o COAG amosa neste 8M algúns dos datos estatísticos máis relevantes da realidade das mulleres arquitectas en Galicia. Deronse pequenos pasos cara unha igualdade real e efectiva máis cómpre seguir construindo.

 

Nos proxectos grandes, o volume de obra manexado só por homes é do 85%. Por proxectos grandes enténdese aqueles con PEM superior ao millón de euros, e neste rango as mulleres manexarían 175 M € de 1.122 M € (datos de visado obras edificación 2018-2023).

Así mesmo dada a porcentaxe de colexiadas no COAG (33%), sería esperable que o volume de obra manexado polas arquitectas fose así mesmo do 33%; mais nos últimos cinco anos só chega ao 24% (2023).

A participación das mulleres nos diferentes Premios convocados polo COAG continúa sendo inferior respecto a dos homes. A pesares da tendencia crecente dos últimos anos nos últimos premios COAG , Edición XX, só un 24% das participantes eran mulleres. En cambio éstas obtiveron o 42% dos premios.

Os expedientes participados por unha soa muller, segundo datos de visado do COAG, é do 18%, mentras que os asinados por un só home corresponden cun 65%.

Cumpre seguir traballando na visibilización das arquitectas e rachar cunha imaxe profesional aínda moi masculinizada. No COAG o temos claro #haimulleres.

Participa https://form.jotform.com/240652762384056

Compartir