A Xunta de Galicia habilitou un portal web con información sobre o Informe de Avaliación de Edificios (IAE), no que está dispoñible a aplicación informatica que se deberá empregar para elaborar os Informes.
PROGRAMA PARA REDACTAR EL IEE
Como elaborar o IAE:
Os técnicos capacitadas para a elaboración do IAE deberán elaboralo, en base a unha inspección visual, cubrindo a aplicación informática que o IGVS pon a súa disposición e da que se pode xerar o informe.
Rexistro do IAE:
Para a súa xestión, os concellos terán a súa disposición unha aplicación informáticaque disporá dun módulo de explotación de datos para a xeración de informes e/ou listaxes e tamén incluirá un sistema de alertas relacionadas coas medidas de seguridade inmediatas ou actuacións necesarias, para o interese dos concellos.
Esta aplicación integrará unha ferramenta de consulta de datos públicos implementada mediante tecnoloxía de información xeográfica, que estará dispoñible, así mesmo, na páxina web do IGVS.
O IAE como parte do LEE:
Non hai que esquecer que o IAE é a primeira parte do Libro do Edificio Existente, informe necesario para solicitar as axudas á rehabilitación dos fondos Next Generation dos que o IGVS está a publicar as súas convocatorias.
Acceso ao programa: