Infórmase que a partires do 7 de febreiro modificarase a páxina do directorio público de arquitectos/sociedades na web do COAG, incorporando a opción de marcar e seleccionar ámbitos profesionais.
As novidades no directorio público son as seguintes:
- Na busca os cidadáns poderán especificar ámbitos profesionais como criterio de busca. A busca por ámbitos profesionais utilizará os datos proporcionados en cada momento polos colexiados/sociedades.
- Os colexiados/sociedades poderán facer pública no directorio a súa páxina web.
Máis información na Circular 1 2022