O Xulgado Contencioso Administrativo Nº 1 de Pontevedra, mediante sentenza 43/2026, de 23 de febreiro, de estimación parcial do recurso contencioso administrativo interposto polo COAG en impugnación dos pregos da licitación do Concello de Meaño para a contratación do servizo de redacción do proxecto de “execución dun acceso de mobilidade peonil, próximo ao bordo costeiro en sexiños”.

26 Feb 2026

Os principais motivos do recurso foron algúns dos criterios de adxudicación:

  • Por unha banda o feito de valorar a titulación de “Técnico Ágora” da Diputación de Pontevedra como criterio de axjudicación e non valorar outras formacións análogas impartidas por outras entidades. O COAG entendía que dito criterio era discriminatorio e contrario ao principio de igualdade. A sentenza estima esta alegación do COG. En este sentido la sentencia indica:

“En el mencionado apartado “10.B.2” (incluido en epígrafe: <> se valora con “hasta 8 puntos” el que el técnico redactor del proyecto disponga del certificado acreditativo de haber superado un curso muy concreto impartido por una única y exclusiva entidad: El curso de “espacio público” que ofrece la Deputación Provincial de Pontevedra en el programa “Ágora”. Es obvia y evidente la ilicitud de esta cláusula, resultando incompatible con los principios de igualdad y libre competencia en las licitaciones públicas consagrado en el artículo 132 Ley 9/2017, de 8 de noviembre, de Contratos del Sector Público. Y ello por la sencilla razón de que el mérito formativo objeto de puntuación (vinculado al objeto del contrato, como criterio de calidad) se circunscribió, con carácter exclusivo y excluyente, a un único curso impartido por una única entidad local próxima a la Administración licitadora: La Deputación Provincial de Pontevedra. Lógicamente, ese criterio de puntuación debió dejar abierta la posibilidad de que se presentasen licitadores con títulos de formación semejantes (sobre urbanización de espacios públicos) impartidos por diferentes entidades, sin circunscribirlo exclusivamente a la Deputación de Pontevedra. Al limitar el mérito solo a quienes se hubiesen formado en la Diputación de Pontevedra, se estableció en la práctica una limitación territorial relevante que perjudica y discrimina a los posibles candidatos que hayan obtenido un elevado grado formativo sobre dicha concreta materia, de igual o superior nivel, pero en otros territorios o por otras entidades acreditadas”

  • Por outra banda, o seguinte:

“Actualización técnica: Ata tres (3) puntos

  1. Compromiso de actualización do “PROXECTO DE EXECUCIÓN DUN ACCESO DE MOBILIDADE PEONIL AMABLE, PRÓXIMO AO BORDO COSTEIRO EN SEIXIÑOS” por cambios normativos e/ou económicos durante un ano (1) desde o remate do contrato: 1 puntos.
  2. Compromiso de actualización do “PROXECTO DE EXECUCIÓN DUN ACCESO DE MOBILIDADE PEONIL AMABLE, PRÓXIMO AO BORDO COSTEIRO EN SEIXIÑOS” por cambios normativos e/ou económicos durante dous anos (2) desde o remate do contrato: 3 puntos

O COAG entendía que aínda que a normativa e a xurisprudencia admiten a valoración do que se denominan “melloras”, o que o prego estaba a recoller non era unha mellora en legal forma senón que estaaba a  valorar como criterio de adxudicación a realización dunha prestación independente que distorsiona o obxecto do contrato, máxime tendo en conta, como se indica, que consiste en eventuais prestacións de servizo durante 1 ou 2 anos desde a finalización do contrato se se producen cambios normativos e/ou económicos. Ademais hai que ter en conta que si como consecuencia de cambios normativos é preciso realizar o que o prego denomina “actualización técnica do proxecto” en realidade supón redactar outro proxecto. Por iso entendiamos que esoutro/s proxecto/s debería ser obxecto doutro contrato. E que dito criterio de aduxidicación distorsiona o obxecto do presente contrato e altera o cálculo do valor estimado do mesmo así como o seu equilibrio económico.

O Xulgado no estimou esta pretensión. Neste sentido a sentenza indica:

“La normativa invocada por el actor no prohíbe la posible inclusión de un compromiso de actualización técnica en la licitación de servicios de redacción de proyectos, siempre que se defina con precisión en los pliegos y se respeten los límites de modificación del contrato, asegurando la igualdad de trato y la no alteración sustancial del objeto.

El Colegio de Arquitectos no ha demostrado en este pleito la vulneración de ninguno de dichos límites con la concreta redacción de la cláusula en cuestión”

Non concordamos con dita valoración, xa que entendemos que non é cuestión de si dita actualización/modificación do proxecto supón ou sobrepasa o máximo do 20% que é o límite para a modificación do contrato, senón que entendemos simplemente que é otro traballo que debe ser obxecto doutro contrato ou dunha remuneracion adicional.

A sentenza non é susceptible de recurso polo que xa é unha sentenza firme.

Compartir