O proceso selectivo pode consultarse nos seguintes ENLACES:
https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/2fa7879b-0aa9-466a-9a27-42f32308b8fd/
https://ponteareas.sedelectronica.gal/preview-document/a7541b62-2b0b-4129-86f6-b43fe438a586/
Os principais motivos do recurso son:
– A composición do tribunal de selección, ao non haber ningún Arquitecto/a como membros titulares e quedando reducida a presenza a dúas Arquitectas como suplentes.
– A entrevista/proba oral, no entendemento de que tal e como está configurada infrinxe os principios de transparencia e obxectividade, pois nos criterios de selección non se indica ningún parámetro nin criterio respecto de como se vai avaliar dita entrevista/proba oral.
– Improcedencia de “engadir a listaxe resultante do proceso selectivo ao final da lista actual de substitucións da categoría de arquitecto/a e de coordinador/a da área de urbanismo.” O proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun Arquitecto/a en substitución da actual Arquitecta municipal (contrato de interinidade segundo se indica), estase a realizar por un procedemento excepcional, previsto no convenio colectivo (a través do Servizo Público de Emprego) debido a unha urxente necesidade e a que non había persoas dispoñibles nas listas de contratación que ten elaboradas o concello. Polo tanto, dito procedemento, entendemos que é un procedemento restrinxido que debe circunscribirse única e exclusivamente a dita contratación necesaria, urxente, e temporal para a substitución temporal da actual arquitecta municipal (como prevé o convenio colectivo) que é para o que está previsto no propio convenio colectivo, e que non pode aplicarse extensivamente para incorporar persoas as listas de contratación que están elaboradas polo concello -o que supón de facto a elaboración dunhas listas de contratación-. A elaboración de listas de contratación/substitución entendemos que procede realizalas mediante un procedemento independiente e baixo o estrito e completo cumprimento dos principios de libre concorrencia, publicidade, igualdade, mérito e capacidade.