O COAG presentou un escrito de alegacións no concello de A Guarda solicitando a desestimación do recurso interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños Canais e Portos en impugnación da licitación da asistencia técnica urbanística que está a licitar o concello, pola esixencia contida nos pregos de ter a titulación de arquitecto

O concello de A Guarda está a licitar o contrato de servizos de asistencia técnica urbanística do concello consistente no asesoramento técnico en materia urbanística , desenvolvendo as tarefas administrativas de emisión de informes técnicos sobre solicitudes para o outorgamento de licencias tramitadas no Concello de A Guarda, informes de expedientes de restauración do orde xurídico urbanístico, informes urbanísticos, asesoramento e control na tramitación e aplicación do PXOU e demais materias relacionadas co urbanismo.

read more…

​Alegacións ao texto do anteproxecto do Regulamento para o desenvolvemento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do Solo de Galicia​

Considerando as achegas formuladas dende os grupos de traballo das Delegacións do COAG e dos arquitectos traballadores do COAG, advertindo a diversidade de matices e posicións sobre o mesmo e considerando os reducidos prazos para o estudo dun documento tan complexo e á vez tan importante, compre formular, dende o COAG as suxerencias á redacción do REGULAMENTO DA LEI 2/2016, DO 10 DE FEBREIRO, DO SOLO DE GALICIA que figuran no seguinte documento:
http://www.coag.es/documentos/privado/institucion/actuaciones/rs-se16000079.pdf

Alegacións do COAG ao anteproxecto de Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

Alegacións do COAG ao anteproxecto de Lei do Patrimonio Cultural de Galicia

O Colexio de Arquitectos aplaude a intención da Consellería de Cultura de simplificar administrativamente as intervencións no patrimonio cultural.

Entregou ao órgano autonómico as súas alegacións ao anteproxecto da Lei de Patrimonio Cultural.

Considera que a norma debería ir acompañada dun programa de axudas a propietarios dos bens patrimoniais.

read more…

Alegaciones a la aprobación inicial del PXOM de Ourense

Alegaciones a la aprobación inicial del PXOM de Ourense

Dende a aprobación inicial do PXOM de Ourense no Pleno Municipal do devandito Concello, en sesión extraordinaria do día 8 de novembro de 2013 (DOGA núm. 228 do 28 de novembro de 2013), e a súa entrada en fase de exposición pública, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, na súa delegación de Ourense, representado polo seu presidente D. Alberto de Paula Prieto, realizou un labor de revisión do Plan Xeral co fin de presentar un documento de alegacións dentro do prazo e forma establecido para tal fin. read more…