Pueden consultarse en la Circular 1 2022 Vigo.
Alegaciones presentadas a la aprobación inicial del proyecto del Concello de Antas de Ulla en relación con el Plan especial de infraestructuras y dotaciones para la creación del Parque Central-Centro Geográfico de Galicia
A Deputación de Lugo responde ao escrito remitido polo COAG en relación en relación ao borrador de Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a creación do “Parque Central – Centro Xeográfico De Galicia” en Antas De Ulla
Informa o seguinte:
– Que para a elaboración de dito plan conta cun equipo multidisciplinar no que hai Enxeñeiros de Montes, Enxeñeiros Forestais, Enxeñeiro Agrícola, Enxeñeiro de Camiños e Arquitecto; aclara que as edificacións incorporadas ao borrador do plan e o detalle das mesmas proveñen de proxecto redactado por Arquitecto.
– Confirma que para a presentación do Plan Especial definitivo logo de acadar a autorización do trámite ambiental, será redactado por un equipo multidisciplinar entre o que se incluirá un Arquitecto entre outros técnicos, como solicita o COAG no seu escrito.
– Por outra banda e no relativo á proposta do COAG convocar un concurso de proxectos “para a concreta execución futura do plan especial no relativo á elaboración dos proxectos arquitectónicos das edificacións contempladas no plan, especialmente o edificio multiusos (…) para que esa actuación se faga dentro duns niveis óptimos de calidade arquitectónica, urbanística e medioambiental, debido á importancia da mesma”, a Deputación indica que , xa contan cun Proxecto Básico e de Execución dende o punto de vista construtivo das edificacións que forma parte do proxecto completo de actuacións que cristalizarán no futuro Parque central- Centro Xeográfico de Galicia, que xa está redactado dende hai catro meses e polo tanto non procede a convocatoria do devandito concurso de ideas.
O escrito remitido pódese descargar neste ENLACE.
O COAG remite unha carta conxuntamente co Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda soliciitando a ampliación do prazo previsto na Disposición Transitoria Primeira do Decreto 61/2021, de 8 de abril, desa Consellería polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o Rexistro Galego de Informes de Avaliación dos Edificios.
O COAG remite un escrito en defensa da profesión ao Presidente da Deputación Provincial de Lugo en relación ao borrador de Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a creación do “Parque Central – Centro Xeográfico De Galicia” en Antas De Ulla

Información pública a modificación das Normas Técnicas de planeamento urbanístico de Galicia: achegas dos colexiados
Infórmase do anuncio da Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo, polo que se somete a información pública a modificación das Normas técnicas de planeamento urbanístico de Galicia, que foi publicado no DOG nº 96 de 25 de maio de 2021 (Corrección de erros no DOG nº 98 de 27 de maio de 2021)
O COAG presenta un escrito de observacións e alegacións á Modificación Puntual do PEPRICA no artigo 86 da Normativa nos ámbitos do conxunto do Museo Provincial de Pontevedra (nº expediente 2021AAE2529)
O concello de Betanzos estima parcialmente as alegacións presentadas polo COAG á aprobación inicial da relación de postos de traballo (RPT) dese Concello
Escrito do Concello de Betanzos comunicando o acordo do pleno da corporación do Concello en relación coas alegacións presentadas.
O COAG presenta ante a Delegación Provincial de Costas de Pontevedra alegacións á solicitude de concesión para ocupación de bens de dominio público marítimo terrestre para “Vial de conexión entre a Avenida de Marín e a Rúa Rosalía de Castro”, no termo municipal de Pontevedra (nº de referencia: CNC02/20/36/0003).
O COAG comparece e constitúese en parte no procedemento xudicial tramitado como Procedemento Ordinario 46/2020 no Xulgado Contencioso-Administrativo número 1 de Lugo, iniciado por recurso contencioso administrativo interposto polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños en impugnación da licitación do Concello de O Saviñao para contratar o servizo de asesoramento técnico urbanístico.
Escrito do COAG á Dirección Xeral de Patrimonio Cultural en relación á «Información pública de la declaración de la necesidad de ocupación». «Proyecto Constructivo para la supresión de los Pasos a Nivel de los PP.KK. 428/980 y 429/811 de la Línea León-A Coruña»
O COAG presenta alegacións fronte á aprobación inicial da relación de postos de traballo (RPT) do Concello de Betanzos
O concello de Lugo estima parcialmente as alegacións que presentara o COAG o 2 de febreiro de 2020 á aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do concello
Alegacións ao proxecto de decreto polo que se establecen os procedementos para intervencións nos bens integrantes do Patrimonio Cultural de Galicia
Alegacións presentadas polo Colexio a este proxecto de decreto.
Alegacións á Aprobación inicial da Relación de Postos de Traballo do concello de Lugo
O COAG presenta unhas alegacións en relación á aprobación incial da Relación de Postos de Traballo do concello de Lugo.
Alegacións ó Anteproxecto de Decreto polo que se regula o informe de avaliación dos edificios e se crea o seu rexistro na Comunidade Autónoma de Galicia
Presentadas alegacións ao anteproxecto. Poden consultarse no seguinte ENLACE.

Proxecto de decreto polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia.
Infórmase da publicación no apartado de Transparencia e Goberno aberto da Xunta de Galicia, dentro da Normativa en tramitación, da apertura do prazo para formular suxestións ao Proxecto de decreto polo que se aproba o Regulamento da Lei 7/2008, do 7 de xullo, de protección da paisaxe de Galicia da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda.
Solicitude de modificación remitida polo COAG a Nauta Sanxenxo
O COAG remite escrito a Nauta Sanxenxo solicitando a modificación da interpretación que viña ofrecendo -a través das respostas ás consultas feitas polos interesados en participar- da cláusula 11.1 do prego de bases en relación á acreditación da solvencia económica e financeira ao obxecto de admitir, clarificar e difundir, para xeneral coñecemento dos potenciais licitadores, que as sociedades profesionais poden acreditar a súa solvencia económica e financeira mediante a existencia dun seguro de responsabilidade civil por riscos profesionais.
O día 19 de febreiro Nauta Sanxenxo comunicou ao COAG que, acollendo a nosa petición, procederon a publicar as aclaracións correspondentes no perfil do contratante no documento baixo o título «PREGUNTAS 7».