Infórmase de que a Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático, dependente da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, abriu un prazo para a presentación de suxestións relativas ao Catálogo de bens de valor cultural no litoral de Galicia, cuxo obxecto é dar cumprimento ao mandato establecido na disposición adicional sexta da Lei 4/2023, do 6 de xullo, de ordenación e xestión integrada do litoral de Galicia.
O prazo oficial para o envío de suxestións estará aberto do 29 de outubro ao 1 de decembro de 2025.
Coa fin de canalizar de maneira conxunta toda as achegas do colectivo profesional, xúntase unha ficha para que cada persoa colexiada poida incorporar aquelas propostas de bens ou elementos que considere que deberían incluírse no catálogo e que actualmente non figuran nel, ou modificar información dos elementos xa incluídos no catálogo exposto, no caso de detectarse algún erro ou imprecisión.
As fichas cubertas deberán remitirse ao Colexio ata as 23:59 horas do luns 24 de novembro de 2025, co obxectivo de poder elaborar e tramitar o envío conxunto de todas as achegas dentro do prazo establecido pola Xunta de Galicia.
Máis información na Circular 17 2025.
