Categoría
Últimas prazas. Axudas económicas para asistentes ao XIII Congreso Docomomo Ibérico a celebrar en A Coruña
Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 15/2025 de 23 de xullo, acordou o establecemento de axudas económicas para as persoas colexiadas interesadas en asistir ao XIII Congreso Docomomo Ibérico organizado por la Fundación Docomomo Ibérico, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que terá lugar en Coruña do 22 e 25 de outubro terá lugar en A Coruña.
Últimas prazas. As novas inscricións quedarán en lista de espera. read more…
Proceso de selección dunha persoa para apoio ás tarefas desenvolvidas no marco do ProxectoTERRA
A Xunta de Goberno, na súa sesión 15/2025 de 23 de xullo, acordou aprobar a formalización dun contrato de arrendamento de servizos para apoio ás tarefas desenvolvidas no marco do convenio do Proxecto Terra, conforme ao perfil definido polo seu coordinador.
Tamén determinou que a formalización de dito contrato de arrendamento de servizos se realice mediante unha convocatoria pública entre as persoas colexiadas, facultando ao tribunal que se designe como responsable do proceso de selección para determinar as condicións do proceso e para seleccionar á persoa que ocupe a praza.
As bases da convocatoria deben consultarse na circular 12/2025
Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA
Estudio de arquitectura con sede en Milladoiro (Ames) selecciona 2 arquitectos/as para formación por beca FUAC/FEUGA
Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA
Estudio de arquitectura con sede en A Coruña selecciona 2 arquitectos/as para formación por beca FUAC/FEUGA
Concello de Cambados – 1 praza de arquitecto interino
No BOP-Pontevedra de 22 de xullo publícase o anuncio do Concello de Cambados da convocatoria do proceso de selección de 1 praza de funcionario interino arquitecto por sustitución transitoria do titular e configuración de lista de reserva.
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xullo de 2025
Aviso de atención presencial do 28 de xullo ao 22 de agosto na Delegación de Ferrol
- 31 de xullo
- 7 de agosto
- 13 de agosto
- 21 de agosto.
Aviso de peche os días 24 e 28 de xullo da Delegación de Lugo
Infórmase que, debido a motivos de organización interna, a Delegación de Lugo permanecerá pechada os días 24 e 28 de xullo. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Ligazóns de interese en materia de urbanismo e contratación en Galicia
Ligazóns de interese de ditames, recomendacións, instrucións e acordos emitidos pola Xunta Consultiva en materia de Urbanismo e de Contratación da Xunta de Galicia, así como ligazón ao buscador de Textos Consolidados da Lexislación aprobada polo goberno de Galicia.
- Ditames, Recomendacións, Instrucións e Acordos emitidos pola Xunta Consultiva en materia de urbanismo da Xunta de Galicia. Información funcións da XCMU.
- Ditames, Recomendacións, Instrucións e Acordos emitidos pola Xunta Consultiva de contratación da Xunta de Galicia. Información funcións da XCC.
- Textos consolidados a Lexislación Autonómica Galega.
Convocatoria de ANMARQ para a manifestación o 27 de setembro en Madrid
Por parte de todos os movementos, agrupacións e asociacións implicados na loita pola PASARELA Ao RETA, que agrupa entre outros fundamentalmente aos colectivos de Avogados e Procuradores xunto aos Arquitectos, Arquitectos Técnicos, Aparelladores e Químicos, convocouse unha Manifestación o próximo 27 de setembro de 2025 en Madrid. É dicir, que xunto a ANMARQ son convocantes Plataforma Pasarela ao RETA, #J2, #J2 Procura , ANAMA, VENIA, ou Marea Negra entre outros.
Como as anteriores, a Manifestación comezará na Praza de España ata o Congreso, con concentración ás 11:30 e inicio ás 12:00.
Desde ANMARQ, (Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos), participamos nesta convocatoria xa que consideramos que estamos nun momento crucial dentro da tramitación da Pasarela.
Actualmente estase nun período de emendas á Proposición de Lei presentada polo PSOE, que foi tomada en consideración o 6 de maio, e neste período de emendas aínda queda moito por facer para que esta Lei realmente acolla a todos os afectados sen exclusións, e realmente sexa unha Lei Xusta, Universal, Constitucional, e Optativa.
É obxectivo común de todos os afectados concienciar a todos os grupos parlamentarios da urxencia de resolver o actual problema existente coas pensións dos mutualistas, e é por iso que a unión de todos os afectados nesta
convocatoria, potenciando o moito que nos une, é unha mostra máis da necesidade de axilizar esta tramitación xa que os mutualistas non podemos seguir esperando para ter os mesmos dereitos que o resto dos españois.
Animamos a participar a todos os nosos socios e simpatizantes, insistindo na importancia da asistencia masiva de todos os Colectivos, e convidamos a participar tamén ás Xuntas de Goberno dos respectivos Colexios de Arquitectos e de Aparelladores e AT, en defensa dos seus colexiados.
É a maneira de facernos oír, e defender xuntos unha
PASARELA AO RETA XA, PARA TODOS.
A Xunta Directiva de ANMARQ.
A web de ANMARQ está dispoñible: https://anmarq.com/
Últimas prazas. Axudas económicas para asistentes ao XIII Congreso Docomomo Ibérico a celebrar en A Coruña
Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 15/2025 de 23 de xullo, acordou o establecemento de axudas económicas para as persoas colexiadas interesadas en asistir ao XIII Congreso Docomomo Ibérico organizado por la Fundación Docomomo Ibérico, a Escola Técnica...
Proceso de selección dunha persoa para apoio ás tarefas desenvolvidas no marco do ProxectoTERRA
A Xunta de Goberno, na súa sesión 15/2025 de 23 de xullo, acordou aprobar a formalización dun contrato de arrendamento de servizos para apoio ás tarefas desenvolvidas no marco do convenio do Proxecto Terra, conforme ao perfil definido polo seu coordinador. Tamén...
Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA
Estudio de arquitectura con sede en Milladoiro (Ames) selecciona 2 arquitectos/as para formación por beca FUAC/FEUGA Funcións: asistencia na redacción de todo tipo de traballos de arquitectura. Ubicación do posto da Beca: Milladoiro (Ames) Requisitos: Arquitecto/a...
Oferta de formación por Beca FUAC – FEUGA
Estudio de arquitectura con sede en A Coruña selecciona 2 arquitectos/as para formación por beca FUAC/FEUGA Funcións: colaborar no desenvolvemento de proxectos baixo supervisión. Ubicación do posto da Beca: A Coruña Duración: 3 meses Beca: FUAC - FEUGA Interesados:...
Concello de Cambados – 1 praza de arquitecto interino
No BOP-Pontevedra de 22 de xullo publícase o anuncio do Concello de Cambados da convocatoria do proceso de selección de 1 praza de funcionario interino arquitecto por sustitución transitoria do titular e configuración de lista de reserva. Enlace ao BOP-Pontevedra
Normativa, planeamento e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xullo de 2025
No apartado da zona de normativa da web colexial, na súa marxe esquerda, os subscritores do servizo de Normativa, poden acceder á Normativa e acordos de interese publicados na primeira quincena do mes de xullo de 2025 no D.O. Galicia, B.O.E, D.O.CC.EE, e nos catro...
Aviso de atención presencial do 28 de xullo ao 22 de agosto na Delegación de Ferrol
Infórmase que, debido a motivos de organización interna, do 28 de xullo ao 22 de agosto a Delegación de Ferrol ofrecerá atención presencial exclusivamente os seguintes días: 31 de xullo 7 de agosto 13 de agosto 21 de agosto. Lamentamos as molestias que esta...
Aviso de peche os días 24 e 28 de xullo da Delegación de Lugo
Infórmase que, debido a motivos de organización interna, a Delegación de Lugo permanecerá pechada os días 24 e 28 de xullo. Lamentamos as molestias que esta circunstancia poda causar.
Ligazóns de interese en materia de urbanismo e contratación en Galicia
Ligazóns de interese de ditames, recomendacións, instrucións e acordos emitidos pola Xunta Consultiva en materia de Urbanismo e de Contratación da Xunta de Galicia, así como ligazón ao buscador de Textos Consolidados da Lexislación aprobada polo goberno de Galicia....
Convocatoria de ANMARQ para a manifestación o 27 de setembro en Madrid
Por parte de todos os movementos, agrupacións e asociacións implicados na loita pola PASARELA Ao RETA, que agrupa entre outros fundamentalmente aos colectivos de Avogados e Procuradores xunto aos Arquitectos, Arquitectos Técnicos, Aparelladores e Químicos, convocouse...