Infórmase que a Xunta de Goberno, na súa sesión 15/2025 de 23 de xullo, acordou o establecemento de axudas económicas para as persoas colexiadas interesadas en asistir ao XIII Congreso Docomomo Ibérico organizado por la Fundación Docomomo Ibérico, a Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia que terá lugar en Coruña do 22 e 25 de outubro terá lugar en A Coruña.
Últimas prazas. As novas inscricións quedarán en lista de espera.
Estas axudas implican o abono da incrición na modalidade Xeral por un importe de 200 euros,, que inclúe:
- Asistencia.
- Certificado.
- Actas
- Comidas xoves e venres
- Cafés
Os requisitos para solicitar estas axudas son:
- Figurar colexiados/as como persoas física do COAG na data da presente convocatoria e estar en plenitude de dereitos como colexiado.
- Comprometerse a asistir ao Congreso e obter o certificado de asistencia. En caso de non obter o certificado de asistencia, a axuda deberá ser reintegrada.
- Solicitar a axuda cubrindo o formulario establecido que se indica a continuación, autorizando ao COAG para comunicar os seus datos a Docomomo para proceder á súa inscrición no Congreso.
As axudas concederanse a un máximo de 30 persoas colexiadas. Asignarase por orden de inscripción, garantindo un mínimo de 2 persoas inscritas por delegación colexial.
Recibidas as solicitudes e tras verificar que as mesmas cumpren cos requisitos, procederase á asignación por orde de inscrición. En caso de que se reciban inscricións unha vez asignadas todas as axudas, organizarase unha lista de espera por se renunciase algún das persoas á que se lle concedeu á axuda.
A solicitude de axuda debe realizarse cubrindo o seguinte FORMULARIO. O prazo de solicitudes finaliza ás 14:00 h. do día 8 de setembro de 2025.
