Proposta de redución nos prezos de cotas e servizos para 2018

14 Dec 2017

A Xunta de Goberno propón, para a súa aprobación pola Xunta Xeral ordinaria, unha redución no prezo de todas as cotas de colexiación para o ano 2018, así como descontos adicionais por subscrición a servizos.

  • Cota colexial: redúcese o prezo de xeito xeneralizado un 5%. Ademais, como novidade, proponse unha nova figura de primeira colexiación colaborativa, que implica descontos maiores en primeira colexiación en 2018. Esta modalidade pode suscribirse entre varios novos colexiados ou entre un arquitecto colexiado e novos colexiados. Todos eles terán bonificacións na cota.
  • Servizos voluntarios: introdúcense descontos adicionais (10%-20%) en función do número de servizos subscritos.

Con estas reducións na cota e servizos, o aforro por colexiado iría desde un mínimo de 10 €, para aqueles colexiados que só teñen a cota básica, ate un máximo de 64 €, para aqueles colexiados que se acollan ao paquete completo de servizos complementarios prestados polo Colexio.

Pode consultarse toda a documentación da vindeira Xunta Xeral ordinaria, incluída esta proposta de cotas e servizos, no seguinte ENLACE.

Compartir