Recentemente, o Ministerio de Fomento publicou na páxina oficial do CTE unha nova versión dos Documentos Básicos de Seguridade fronte a Incendios (DB-SI) e de Seguridade de Utilización e Accesibilidade (DB-SUA) nos que se actualizaron os comentarios que pretenden aclarar os criterios interpretativos do texto normativo. Enlace á páxina de descarga dos DBs.
Novas de
Publicado o nº14 da revista tecnolóxica ANEXO na web corporativa do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (ENLACE CSCAE). Inclúe os seguintes artigos:
- Canta enerxía consume o seu edificio, Mr. Foster?
- Accesibilidade en obras de reforma e acondicionamento de locais.
- Accesibilidade. Lei xeral de dereitos das persoas con minusvalidez e da súa inclusión social.
- Estudos xeotécnicos na rehabilitación de edificios.
- Xustificación características de comportamento ante o lume. Continuar lendo →
Tras un ano de vixencia do Real Decreto 235/2013 polo que se aproba o procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios, o Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo publicou o primeiro informe sobre o estado da certificación da eficiencia enerxética en España. O devandito informe, que se elaborou a partir dos datos facilitados polas distintas Comunidades Autónomas, inclúe información sobre as cualificacións obtidas nos certificados rexistrados para os edificios e vivendas de nova construción e existentes.
O ministerio de Fomento acaba de publicar a actualización do Documento de Apoio ao DB-SI para a Xustificación da posta en obra de produtos de construción en canto ás súas características de comportamento ante o lume. Para descargar o documento actualizado pulsa no seguinte ENLACE.
O Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da Secretaría de Estado de Enerxía, publicou unha nova versión do Procedemento simplificado CE3X para a cualificación da eficiencia enerxética de edificios existentes.
Comentarios recientes