Informase da publicación no apartado de Normativa da web de dous informes elaborados pola Área Técnica colexial en relación cos erros detectados no servizo de visado á hora de realizar a supervisión de proxectos e memorias técnicas.

Enténdese necesario lembrar as condicións legais nas que se deben realizar a adecuación efectiva das condicións de accesibilidade en edificios existentes, así como aqueles aspectos das normas de habitabilidade en Galicia, segundo o Decreto 29/2010, que suscitaron maior confusión e recolllida nas FAQ contestadas pola Xunta de Galicia. Con este motivo, a Área Técnica colexial elaborou un informes técnicos sobre «ADECUACIÓN EFECTIVA DAS CONDICIÓNS DE ACCESIBILIDADE EN EDIFICIOS EXISTENTES» (RD 314/2016 e as súas modificacións) e outro de «NORMAS DE HABITABILIDADE DE VIVENDAS EN GALICIA: CRITERIOS OFICIAIS» (D 29/2010), que se poden consultar no apartado de Normativa.