Están dispoñibles os cadros comparados do Decreto 29/2010, trala recente modificación das Normas de Habitabilidade de Vivendas -NHV- publicada no Decreto 128/2023.
O pasado 15 de setembro foi publicado no DOG o Decreto 128/2023, de 7 de setembro, polo que se modifica o Decreto 29/2010, de 4 de marzo, polo que se aproban as normas de habitabilidade de vivendas de Galicia.
Esta modificación das NHV, que entrou en vigor o 15 de outubro, non será de aplicación obrigatoria aos proxectos visados de acordo coa normativa anterior, nin a aqueles cos que se solicite licenza nun prazo máximo de tres meses desde a súa entrada en vigor. Pero, a aqueles proxectos que soliciten licenza desde o 15 de xaneiro de 2024 esta modificación xa lles será de aplicación obrigatoria.
Os cadros comparados son a memoria específica que deberán incorporar para xustificar o cumprimento das NHV; podes acceder desde o apartado de modelos da web do COAG, ou descargalos desde aquí:
Cadros comparados para edificios de vivendas na seguinte LIGAZÓN
Cadros comparados para vivendas unifamiliares na seguinte LIGAZÓN
Cadros comparados para trámite de excepción na seguinte LIGAZÓN
NOTA: De detectarse algún erro, pregamos o poñades en coñecemento do colexio a través do panel de consultas no apartado de edificación. Mentres seguimos a traballar nunha versión comentada con gráficos e nas fichas de deseño de vivendas.
Pode accederse a xornada de asesoramento a través da siguiente LIGAZÓN
Pode accederse a resolución de consultas a través da siguiente LIGAZÓN