Como se indicaba na circular 15/2016, a Xunta de Goberno na súa sesión 05/2016 de 3 de maio acordou abrir un procedemento previo para que os colexiados que estean interesados en participar poidan presentar as súas obras a ditos premios, para que posteriormente, a Xunta de Goberno colexial poda facer a revisión e selección previa por cada categoría, e poda elevalas como propostas do COAG ás deliberacións do xurado do concurso para optar sos diferentes premios.
Como se indicou na devandita circular, a forma de presentación da documentación das propostas, quedou pendente da concreción coa Xunta de Galicia dos aspectos técnicos que implica este trámite. Resolta esta cuestión, na circular nº 16/2016 se refiren as indicacións relativas á forma de presentación das propostas e demais cuestións de interese sobre este asunto.
Comentarios recientes