Casos de éxito concursos
REMODELACIÓN DA PRAZA DE ARMAS. FERROL.
1. PROBLEMAS A RESOLVER
Neste caso:
- Resolver de forma consensuada o tratamento dunha praza urbana.
- Eliminar un aparcamento subterráneo obsoleto.
- Aplicar na solución criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
- Solventar o tráfico peonil e rodado na contorna.
2. SINATURA DE CONVENIO PREVIO
O COAG responsabilizouse na:
- Redacción do pregos administrativos e técnicos.
- Difusión da convocatoria entre todos os colexios de arquitectos de España.
- Designar un xurado de calidade.
- Compilar e dar calidade á documentación para entregar aos concursantes.
- Resolver as consultas que xurdiron.
- Publicar os traballos presentados vía web e en RRSS
3. BASES ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS
O COAG propuxo:
- Os textos dos pregos Administrativos e técnicos.
- Propúxose un programa de necesidades específico.
- Concretouse a normativa técnica aplicable ao caso.
- Asesorouse no cumprimento urbanístico.
4. DIFUSIÓN / VISITA / DÚBIDAS
O COAG realizou e coordinou:
- A difusión do concurso a outros Colexios de Arquitectos, de España, mediante o CSCAE.
- A implicación activa na resolución de dúbidas e a consecución daquela documentación que os concursantes requiriron.
- A coordinación da visita ao lugar do concurso.
5. ENTREGA DE PROPOSTAS
Neste caso:
- Presentáronse 48 propostas no rexistro municipal, que optaban a 3 premios. Optando o gañador ao encargo da obra.
- Houbo antes unha consulta popular desde a ligazón: http://www.ferrol.es/decide/anteproxectos.aspx que sumaba un 25% ao xurado profesional.
6. FALLO
Neste caso:
- Nomeouse un xurado técnico de calidade, no que ademais de membros do propio concello de Ferrol, estaba o COAG e membros da Dirección xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia.
7. DIFUSIÓN EN RRSS FALLO
O concurso tivo un importante impacto nos medios de comunicación: prensa, radio e TV, así como en RRSS.
O seu fallo, así como o resto de propostas premiadas foi publicada na web do COAG.
8. RESULTADO FINAL
Tras un ano de obras, a praza remodelada inaugurouse en maio de 2020, con resultado satisfactorio para a cidadanía.
CONCURSO TERMAL EN BANDE
1. PROBLEMAS A RESOLVER
Neste caso:
- Completar cun equipamento termal, as termas existentes ao aire libre.
- Potenciar turísticamente a zona.
- Aplicar na solución criterios de sustentabilidade e eficiencia enerxética.
2. SINATURA DE CONVENIO PREVIO
O COAG responsabilizouse na:
- Redacción do pregos administrativos e técnicos.
- Difusión da convocatoria entre todos os colexios de arquitectos de España.
- Designar un xurado de calidade.
- Compilar e dar calidade á documentación para entregar aos concursantes.
- Resolver as consultas que xurdiron.
- Publicar os traballos presentados vía web e en RRSS
3. BASES ADMINISTRATIVAS E TÉCNICAS
O COAG propuxo:
- Os textos dos pregos Administrativos e técnicos.
- Propúxose un programa de necesidades específico.
- Concretouse a normativa técnica aplicable ao caso.
- Asesorouse no cumprimento urbanístico.
4. DIFUSIÓN / VISITA / DÚBIDAS
O COAG realizou e coordinou:
- A difusión do concurso a outros Colexios de Arquitectos, de España, mediante o CSCAE.
- A implicación activa na resolución de dúbidas e a consecución daquela documentación que os concursantes requiriron.
- A coordinación da visita ao lugar do concurso.
5. ENTREGA DE PROPOSTAS
Neste caso:
- Presentáronse 66 propostas no rexistro municipal, que optaban a 4 premios. Optando o gañador ao encargo da obra.
6. FALLO
Neste caso:
- Nomeouse un xurado técnico de calidade, no que ademais de membros do propio concello de Bande, estaba o COAG, membro da Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta de Galicia e técnicos especialistas en uso balneario e calidade de augas.
7. DIFUSIÓN EN RRSS FALLO
- O concurso tivo un importante impacto nos medios de comunicación: prensa, radio e TV, así como en RRSS
- O seu fallo, así como o resto de propostas premiadas foi publicada na web do COAG.
8. RESULTADO FINAL
- Neste momento están a conseguirse os correspondentes premisos sectoriais para poder iniciar a obra.
- Tanto a actuación previa do concurso, como a próxima construción conta con fondos da Deputación de Ourense.
Contacto
Teléfono: 981 552 400
Correo electrónico: concursos@colexiodearquitectos.org