Ampliación de prazo – Oferta de becas para o Máster en Deseño & Construción en Madeira de CESUGA

23 Out 2023

Ampliado o prazo de solicitude, que deberá realizarse na web colexial, antes das 14:00 horas do vindeiro 27 de outubro de 2023.

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia pon a disposición dos seus colexiados 10 becas para cursar o Máster en Deseño & Construción en Madeira, ofertado por CESUGA en 2023/2024. As axudas, que nacen do convenio de colaboración firmado polas dúas entidades en setembro de 2022.

As 10 becas ascenden ao 50% do coste de la matrícula do Máster.

Este posgrao, con amplas saídas profesionais, está valorado en 8.950 €. Se enfoca á arquitectura, o deseño, o cálculo estrutural e a construción en madeira. O plan de estudos está destinado a arquitectos, enxeñeiros e profesionais con experiencia e gran interese neste material. O Máster comeza en novembro e remata en xuño, con clases configuradas para ser compatibles co día a día profesional e persoal. Impártese en modalidade presencial e síncrona, sendo a modalidade presencial a preferente e recomendada para o bo aprendizaxe.

Os principais obxectivos do Máster son:

  • Instruír aos participantes nos aspectos técnicos primordiaisque permitan levar a cabo un proxecto de construción en madeira.
  • Formar profesionais que deseñen edificacións en madeira, desde o coñecemento das técnicas de cálculo ata a optimización do deseño, pasando pola economía do material.
  • Afondar nas técnicas de intervención e inspecciónen estruturas históricas e nos seus tratamentos curativos.
  • Introducir os procesos xenerativos de control xeométrico, deseño, desenvolvemento e execución de estruturas de madeira.
  • Acercamento práctico á industria punteira, ás institucións e aos centros tecnolóxicos de referencia do sector.

O cadro docente está conformado por profesionais experimentados, como Manuel Touza, Josep Ferrando, Arrokabe Arquitectos, Salgado y Liñares, Sebastian Erazo, Stefano Pugliese, Adolfo Montero, Diego Díaz (Barozzi Veiga), Fernando Alonso (Herzog & de Meuron),Ezcurra e Ouzande, Marcial Rodríguez e José Valladares, Juanjo Otero e Cecilia Muiños, Jovino Martínez Sierra, José Ramón Puerto, Azahara Soilán, David Lorenzo, Vanessa Baño, José Antonio Lorenzana, Begoña Jiménez, Carlos Graña, Álvaro Marín (2es+), Pablo Martínz Coto, Alberte Pérez (Trespes arquitectos), Alberto Alonso, Tomás Valente, Javier Caride, Carolo Losada, Mauro Lomba, Juan Rey, Daniel Hermosilla.

Os participantes deben cumprir os seguintes requisitos:

  1. Ser arquitecto/a persoa física e estar colexiado no COAG no momento da convocatoria, atopándose ao corrente de pagos, en plenitude dos seus dereitos como colexiado e plenamente habilitado para o exercicio da profesión de arquitecto.
  2. Solicitar a súa participación no prazo que se indique.
  3. Comprometerse a que, en caso de resultar seleccionado, completará o Máster. En caso de non completalo, perdería a beca concedida.
  4. Non desempeñar cargo colexial ningún, salvo que se presente compromiso expreso de renuncia en caso de resultar seleccionado, conforme ao modelo establecido.
Forma e prazo de solicitar a participación:

A inscrición como participante deberá realizarse na web colexial, antes das 14:00 horas do vindeiro 27 de outubro de 2023, cubrindo o formulario dispoñible no seguinte ENLACE.

En caso de que o participante ostente un cargo colexial, deberá presentar, debidamente cuberto e asinado, o modelo de “Compromiso expreso de renuncia a cargo colexial”, para o cal debería remitir un correo electrónico a: secretaria@colexiodearquitectos.org dentro do prazo establecido para solicitar a participación.

Proceso de selección

Finalizado o prazo de inscrición, realizarase un listado con todos os inscritos. Unha vez configurado o listado, realizarase un sorteo para seleccionar aos 10  que obterían as becas.

O sorteo realizarase con unha aplicación informática que utiliza o algoritmo “Fisher-Yates”, o cal xera unha permutación aleatoria sobre un conxunto finito de elementos dando como resultado un listado.

Como consecuencia do sorteo establecerase unha orde de prelación entre todos os inscritos. En caso de renuncia de calquera dos designados, procederase a ofrecer o encargo ao seguinte colexiado conforme á orde de prelación establecida.

Unha vez realizado o sorteo, publicarase o listado que resulte no apartado informativo da web colexial sobre a presente convocatoria.

Información sobre o tratamento de datos colexiais

O COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA (COAG), con domicilio en Praza Quintana, 1, 2º, 15704 Santiago de Compostela, é a entidade responsable do tratamento dos datos de carácter persoal consignados na súa solicitude de participación e na documentación que acompañe, así como dos que sexan xerados a consecuencia da súa participación no proceso de selección.

A finalidade do tratamento é a xestión do proceso de realización do sorteo, comunicación dos datos de contacto do/a seleccionado ao solicitante e a publicidade do resultado do proceso na web colexial.

A base de lexitimación do tratamento é a petición do participante no proceso de selección e o seu consentimento para a comunicación dos datos de contacto do/a seleccionado á entidade solicitante e a publicidade do resultado do proceso.

Os datos conservaranse mentres se realice o proceso selectivo polo COAG e posteriormente, durante o prazo de exercicio de accións legais o xudiciais derivadas de la citada relación e para dar cumprimento as obrigas de arquivo ou rexistro do COAG.

Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre si o COLEXIO OFICIAL DE ARQUITECTOS DE GALICIA está a tratar datos persoais que lle concirnan.

As persoas interesadas teñen dereito a acceder a os seus datos persoais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a supresión cando, entre outros motivos, os datos xa non sexan necesarios para los fines para os que foron recollidos.

En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos, neste caso, unicamente se conservarán para o exercicio ou a defensa de reclamacións.

En determinadas circunstancias e por motivos relacionados coa súa situación particular, os interesados poderán oporse ó tratamento dos seus datos. No caso de que proceda, o COAG deixará de trata-los datos, salvo por motivos lexítimos como o cumprimento de funcións ou obrigas legalmente establecidas, ou o exercicio o la defensa de posibles reclamacións.

Así mesmo, cando o tratamento estea baseado no consentimento do interesado, este ten o dereito a retirar o consentimento en calquera momento.

O COAG ten designado un Delegado de Protección de Datos co que pode pórse en contacto a través da dirección de correo electrónico dpd@coag.es

No caso de que o interesado estime que non se está a realizar un tratamento adecuado dos seus datos, pode presentar unha reclamación ante o Delegado de Protección de Datos designado polo COAG ou ante a Axencia Española de Protección de Datos (www.aepd.es).

Compartir