A Escola Aberta de Formación Permanente da Universidade de Vigo anuncia este curso de Posgrao, que pretende ofrecer ao alumno unha visión ampla das últimas técnicas existentes para conseguir a eficiencia enerxética dos edificios, en especial á hora de proxectar a rehabilitación dos mesmos.
Para iso, introdúceselle no mundo do BIM e como pode ser empregado para o cálculo dos aforros en demandas enerxéticas, así como para a certificación dos edificios e o seu cumprimento do código técnico da edificación.
Continuaranse explicando as diferentes medidas pasivas que se están aplicando hoxe en día, xunto con ferramentas que permitan calculalas, executalas e realizar o seu orzamento. Céntrase, especialmente, no illamento e a redución de pontes térmicas.
O bloque sobre medidas activas introduce ao alumno no mundo da monitoraxe de edificios e a súa relación coas instalacións. Tamén se expón o cálculo e orzamento dunha instalación de ventilación mecánica, que axude a conseguir os obxectivos que expón o código técnico da edificación. Este bloque inclúe, ademais, a iniciación ao mundo das instalacións fotovoltaicas, con ferramentas de cálculo que proporcionan o potencial fotovoltaico dos edificios. Nun último capítulo deste bloque, móstrase como afecta a carga do vehículo eléctrico á instalación eléctrica dos aparcamentos do edificio.
Para finalizar o curso exponse ao alumno como optar ás axudas de rehabilitación de vivendas.
Entidades organizadoras
Escola Aberta de Formación Permanente
Información sobre o calendario (datas)
Período de preinscrición | 26/10/2021 00:00 – 17/02/2022 23:59 |
---|---|
Período de matrícula | 21/11/2021 00:00 – 17/02/2022 23:59 |
Período de docencia | 18/02/2022 – 26/03/2022 |
Prazas e créditos
Número mínimo de participantes | 26 |
---|---|
Número máximo de participantes | 32 |
Créditos teóricos | 2.8 |
Créditos prácticos | 2.2 |
Créditos ECTS | 5 |
Validación de libre elección | 0 |
Destinatarios/as
Estudiantes de enxeñería e arquitectura, titulados universitarios, profesionais de perfil técnico interesados/as en incorporar coñecementos sobre eficiencia enerxética en rehabilitación de edificios ao seu currículum.