Acordo de Colaboración XERA-COAG | Visita ao PAC de A Laracha (A Coruña). Utilización de sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira para uso sanitario

12 Feb 2020

[fotografía: Héctor Santos Díez]

No marco do acordo de colaboración asinado polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) e a Axencia Galega da Industria Forestal (XERA) para promover o coñecemento en materia de construción e rehabilitación con madeira e a divulgación de obras exemplares, prográmase unha visita ao PAC de A Laracha (A Coruña) que terá lugar ás 10:00 h do vindeiro xoves día 20 de febreiro. A xornada está dirixida a arquitectos e pretende amosar un exemplo de utilización do sistema construtivo de entramado lixeiro de madeira para uso sanitario. 

A xornada comezará ás 10:00 horas na Biblioteca Municipal de A Laracha (Rúa Manuel Murguía, s/n) cunha charla informativa na que se explicarán as cuestións máis relevantes da obra que se vai visitar. A continuación terá lugar a visita a obra, que estará guiada polas arquitectas Cristina Ezcurra e Cristina Ouzande, xunto con Ignacio Framiñán (maderas Besteiro) e  Javier López (Yofra).

Datos da obra:

  • Proxecto: Ampliación do Centro de Saúde de A Laracha para construción dun Centro de Atención de Urxencias Extrahospitalarias, 2019.
  • Localización: Rúa Epifanio Campo Núñez, s/n, 15145 A Laracha
  • Arquitectas: Cristina Ezcurra e Cristina Ouzande de Ezcurra e Ouzande Arquitectura.
  • Promotor: SERGAS

Descrición da obra:

• Edificio de uso público sanitario ubicado no núcleo urbano de A Laracha de 613 m2 construídos e distribuídos en dúas plantas.
• O obxectivo era construír un edificio cun material de orixe natural, 100% renovable, reciclable e reutilizable e cun proceso produtivo que xerase poucos residuos e de baixo consumo enerxético.
• Proxectouse un edificio en madeira onde os sistemas estruturais, de pecha-mento e tabicaría e parte dos acabados resolvéronse con elementos tecnoló-xicos de madeira maciza e derivados da mesma cun alto nivel de prefabrica-ción permitindo un proceso de construción en seco.
• A viabilidade económica deste edificio compleméntase coa eficiencia medioambiebtal achegándose aos parámetros de consumo case nulo, co conseguinte aforro que suporá durante a súa vida útil. E, ao final da mesma, pola facilidade da súa eventual desmontaxe e a posibilidade de reutilización dos seus elementos ou reciclaxe dos mesmos.
• Valorouse moi positivamente o impacto do edificio de madeira sobre os usua-rios dos servizos sanitarios pola sensación de confort que aporta e polo en-torno seguro, saudable e acolledor que crea.


10:00 | Biblioteca municipal de A Laracha, Rúa Manuel Murguía, s/n [ver mapa]Benvida aos asistentes e charla explicativa sobre as cuestións máis relevantes da obra.

  • Cristina Ezcurra e Cristina Ouzande, arquitectas.
  • Ignacio Framiñán, Maderas Besteiro.
  • Javier López, Yofra.

11:45 | Descanso-café.

12:15 | Visita ó edificio. Rúa Epifanio Campo Núñez, s/n [ver mapa]
       Duración estimada 1h 15´).


As plazas son limitadas. É necesaria a inscrición, no seguinte ENLACE.

Compartir