Praza de arquitecto/a no Concello de Guntín

1 Feb 2023

Publicada no BOP-Lugo de 1 de febreiro a “Aprobación da Oferta de Emprego Público 2023 do Concello de Guntín” na que figura unha praza de arquitecto/a.

  • GUNTÍN

APROBACIÓN OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2023. BOP LU 01/02/2023

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir