Concello de Betanzos – Convocatoria de funcionario interino por progrma temporal. Arquitecto/a oficina de rehabilitación.

4 Out 2021

No BOP de A Coruña de 4 de outubro aparece o anuncio das bases que deben rexer a convocatoria e o proceso de selección de funcionario interino por programa temporal na área de urbanismo: arquitecto/a Oficina Área Rehabilitación Casco Histórico e apopio a Urbanismo e Obra Pública, logo de quedar vacante a anterior convocatoria.

Enlace ao BOP.

Convocatoria anterior.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir