No BOP-A Coruña de 7 de xullo, o Concello de Betanzos publica as Bases da convocatoria para a selección funcionario interino por programa temporal na área de urbanismo: arquitecto/a oficina área rehabilitación casco histórico e apoio a urbanismo e obra publica.
ANUNCIO
Logo de aprobar por Resolución de Alcaldía núm. 830/2021 de data 01/07/2021 a convocatoria PARA A SELECCIÓN FUNCIONARIO INTERINO POR PROGRAMA TEMPORAL NA ÁREA DE URBANISMO: ARQUITECTO/A OFICINA ÁREA REHABILITACIÓN CASCO HISTÓRICO E APOIO A URBANISMO E OBRA PUBLICA e bolsa de emprego, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días hábiles a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando procedan, de conformidade coas bases, publicaranse na sede electrónica do este Concello sede.betanzos.gal e, no seu caso, no Taboleiro de Anuncios, para maior difusión.
Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os Arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.