Mesa redonda _ “Richard Serra”

24 Abr 2024

Con motivo do recente falecemento de Richard Serra, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia organiza o venres, 3 de maio, no CGAC de Santiago de Compostela, unha mesa redonda para lembrar a vida e obra do gran escultor, recoñecido pola súa pezas monumentais de inspiración minimalista.

Nela participarán; Santiago Olmo, director do CGAC; Juan Tallón, autor da novela “Obra Maestra”, que narra a improbable pero verdadeira historia da desaparición dunha das obras de Richard Serra, ¡de trinta e oito toneladas de peso!; e Luis Gil, como vogal de cultura do COAG..

PARTICIPAN
– Juan Tallón Salgado : Licenciado en Filosofía, xornalista e escritor.
– Santiago Olmo García : Director do CGAC. Fotógrafo, crítico de arte, profesor universitario e comisario de exposicións de arte contemporánea.
– Jose Luis Gil Pita: Arquitecto e editor. Actual vogal de cultura e patrimonio do COAG.

INSCRICIÓN
Aínda que a mesa redonda é de acceso gratuíto para todos os interesados, é necesaria a inscrición previa para unha correcta organización.
A inscrición dá dereito a reservar praza ata 10 minutos antes da hora de inicio. A partir dese momento ponse a disposición dos interesados ​​en asistir que se achegaron ao recinto.

ACCESO Ó FORMULARIO DE INSCRICIÓN

DATA:
Venres 3 de maio de 2024

HORARIO:
19:00 a 21:00 horas

LUGAR:
CGAC _ Centro Galego de Arte Contemporánea.
R. de Ramón del Valle-Inclán, 2, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.   (localización aquí)

Compartir