Concello de Antas de Ulla – Unha praza de arquitecto/a

29 Xan 2024

No BOP-Lugo de 29 de xaneiro aparece a convocatoria dunha praza de arquitecto/a funcionario/a interino/a a media xornada no Concello de Antas de Ulla.

Anuncio:

Logo de aprobar por Acordo da Xunta de Goberno Local, de data 18 de xaneiro de 2024, as bases e a convocatoria para a provisión dunha praza de arquitecto/a, funcionario/a interino/a, do Concello de Antas de Ulla, a media xornada, ábrese o prazo de presentación de solicitudes, que será de dez días naturais a contar desde o día seguinte á publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

Lugar e prazo de presentación de solicitudes: no Rexistro do Concello de Antas de Ulla, en horario de 9 a 14 horas, de luns a venres, ou por calquera dos medios que establece o artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro. Cando as solicitudes se presente fóra do rexistro do Concello, co fin de axilizar os trámites, deberán remitir comunicación por fax (982379100) ou ao correo electrónico concello.antasdeulla@eidolocal.es comunicando a presentación da solicitude, co selo de Correos ou do rexistro correspondente, antes de rematar o prazo de presentación de solicitudes.

Requisitos: os establecidos nas bases das convocatorias que se atopan a disposición dos interesados no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Antas de Ulla (https://concellodeantas.sedelectronica.gal).

Antas de Ulla, vinte e dous de febreiro de dous mil vinte e catro.- A Alcaldesa, María Pilar García Porto

Enlace ao BOP.

 

Compartir