Está aberta a matrícula dos cursos coorganizados polo COAG e a EGAP para os meses de novembro e decembro. O itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio está formado polo Curso de Técnico Superior en Urbanismo, actualmente en desenvolvemento, e unha serie de cursos de 32 horas, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso Superior e que poden cursarse ao mesmo tempo de forma independente. Este ano convócanse 3 módulos que se desenvolverán durante os meses de novembro e decembro, cos seguintes programas:
- Laboratorio de renovación urbana e rexeneración urbanística.
- Procedemento administrativo e contratación pública no urbanismo.
- A regulación, xestión e planificación adaptativa da costa.
Matrícula
A matrícula formalizarase a través da zona de matriculación da EGAP en:
https://egap.xunta.gal/matricula
(se non tes usuario da web da EGAP, deberás darte de alta previamente)
E seguir os pasos:
- Buscar e seleccionar en áreas de formación a área: Réxime xurídico e xestión das entidades locais.
- En nome do curso, buscar e seleccionar o módulo no que queiras matricularte.
- Módulo IV. Renovación urbana e rexeneración urbanística.
- Módulo V. Novo procedemento administrativo e contratación pública.
- Módulo VI. Intervención administrativa e disciplina urbanística.
- Edición: Santiago.
- Solicitar.
Podes consultar máis información sobre estes cursos e os seus programas no seguinte [+ ligazón].
Formato e duración
- Formato presencial.
- 32 horas.
Prezos
- Alumnos que cursen o Curso Superior de Urbanismo en edicións anteriores: 120 euros.
- Colexiados COAG subscritos ao servizo de formación e empregados públicos con dereito a bonificación: 140 euros.
- Colexiados COAG: 180 euros.
- Ordinaria: 225 euros.
Recoñecementos oficiais
O tres cursos contan coa homologación da Escola Galega de Administración Pública, e forman parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo.