O itinerario formativo en urbanismo e ordenación do territorio está formado polo Curso de Técnico Superior de Urbanismo, actualmente en desenvolvemento, e unha serie de cursos de 32h, que teñen a consideración de módulos optativos para os alumnos do Curso Superior e que á vez poden cursarse de maneira independente. Este ano, convócanse 3 módulos, cos seguintes programas:
- Laboratorio de renovación urbana e rexeneración urbanística.
- Procedemento administrativo e contratación pública no urbanismo.
- A regulación, xestión e planificación adaptativa da costa.
Dado que a matriculación neste caso farase a través da páxina web da EGAP, e dado que o aforo é limitado e o acceso ás prazas é por rigurosa orde de matriculación, se manifestas a través de este formulario o teu interese en matricularte a través de [+ este formulario], no momento no que se abra a matrícula recibirás unha notificación no teu correo, antes da difusión xeral a través das canles habituais de comunicación do COAG.
Formato e duración
- Formato presencial, nas instalacións da EGAP en Santiago de Compostela.
- 32 horas.
Prezos
- Alumnos que teñan cursado o Curso Superior de Urbanismo noutras edicións: 120 euros.
- Colexiados COAG subscritos ao servizo de formación e empregados públicos con dereito a bonificación: 140 euros
- Colexiados COAG: 180 euros.
- Ordinaria: 225 euros.
Recoñecementos oficiais
Todos estes cursos contan coa homologación da Escola Galega de Administración Pública, e forman parte do itinerario formativo do Curso Superior de Técnico de Urbanismo.