Conforme ao previsto na convocatoria do proceso de selección para a contratación, en réxime de arrendamento de servizos, dun arquitecto/a para realizar traballos vinculados á xeración dun novo informe estatístico colexial, (circular 16/2018 de 23 de xullo), o pasado 30 de agosto reuniuse o tribunal configurado ao efecto de finalizar o proceso de selección, realizando as entrevistas aos candidatos que obtiveron maior puntuación nas fases anteriores (Valoración de méritos e Proba teórica e práctica).
Neste sentido, foron convocados para realizar as entrevistas os colexiados referidos a continuación:
- 4022, Ildefonso Garcia de Longoria Ramos
- 3149, Pablo Castro Pais
- 2609, Roberto Pardo Barro
Unha vez realizadas as entrevistas, a puntuación total obtida polos 3 candidatos no proceso sería a seguinte:
Candidato | méritos (25%) sobre 10 | nota proba para o proceso (65%) sobre 10 | entrevista persoal (10%) sobre 10 | puntuación total provisional (méritos+proba+entrevista) |
Ildefonso Garcia de Ramos | 1.37 | 1.18 | 1 | 3.55 |
Pablo Castro Pais | 1.23 | 3.33 | 0 | 4.56 |
Roberto Pardo Barro | 1.18 | 3.82 | 0 | 5.00 |
Conforme ao anterior, o candidato que mais puntos obtivo é D. Roberto Pardo Barro, colexiado nº 2609, que será o contratado para a prestación do servizo. Os demais candidatos entrevistados pasarán a formar un listado de suplentes, ordenados de maior a menor puntuación. En caso de que o seleccionado finalmente non acepte o encargo, procederase a ofrecer a contratación aos suplentes polo orden de prelación indicado ata que se asigne o servizo obxecto do contrato.
As consultas e reclamacións sobre esta convocatoria poderanse realizar no panel de servizos colexiais no seguinte ENLACE