En relación coa convocatoria realizada na Circular 5/2023 para selección de propostas para axudas a publicacións e actividades culturais, infórmase do resultado de dito proceso.
Rematado o prazo de presentación de solicitudes, presentáronse un total de 22 propostas, das cales, a Xunta de Goberno, na súa sesión 6/2023 de 30 de maio, decidiu apoiar económicamente as 7 que se indican a continuación:
- Publicación libro “Galicia: arquitectura comarcas y comarcalización”
Autor: Juan Antonio Caridad Graña, colexiado nº 2.170 - Publicación libro “ Recortes – libros 2-3”
Autor: Fernando Blanco Guerra, colexiado nº 230 - Publicación libro “Palabras cruzadas”
Autor: Fernando Agrasar Quiroga, colexiado nº 1.394 - Proxecto “Carta histórica da cidade da Coruña”
Autor: Daniel Vazquez Añel, colexiado nº 4.899 - Publicación libro “A paisaxe de Cabanelas. A pegada do Conde en Laxedo”
Autor: Manuel Angel Bugallo Otero, colexiado nº 3.804 - Publicación libro “Ojea y Lewin. arquitectura escolar en Galicia 1969-1975”
Autor: Antonio S. Río Vázquez, colexiado nº 3.471
Por outra parte, nesa mesma sesión, tamén se decidiu patrocinar o proxecto “Materia en combustión: cartografías dos lumes, ordenación territorial e paisaxe resiliente”, presentado polo colexiado D. Iago Lestegas Tizón, nº 5.121. Non obstante, posteriormente o devandito colexiado indicou que non podía levar a cabo o proxecto.
Posteriormente, a colexiada Dona Ana Rivas del Pozo, nº 4939, comunicou á Xunta de Goberno a súa intención de asumir a execución do proxecto “Materia en combustión: cartografías dos lumes, ordenación territorial e paisaxe resiliente”, solicitando que se mantivese o patrocinio concedido. A este respecto, a Xunta de Goberno, na súa sesión 14/2023 de 26 de outubro, acordou manter o patrocinio para o devandito proxecto a executar pola colexiada Sra. Rivas del Pozo.
En total se destinaron 10.700 euros ao apoio destas inciativas o cal se concede en concepto de patrocinio debendo formalizarse a colaboración mediante o correspondente acordo asinado entre ambas partes, no que se indicarán, entre outras, as seguintes condicións:
- Deberase facer referencia ao patrocinio e incluir o logotipo do COAG.
- En caso de que se traten de publicacións, deberase realizar unha aportación ao COAG dos exemplares da publicación que se indiquen.