Tal e como se indica na Circular 5 2023, a Xunta de Goberno, na súa sesión 2/2023 de 9 de febreiro, aprobou a proposta da Comisión de Cultura para abrir unha convocatoria para que todos os colexiados interesados na colaboración do COAG en publicacións e actividades culturais no ámbito da nosa profesión poidan subir as súas propostas, e así establecer ter unha canle continua e aberta a todos os colexiados.
CATEGORÍA DAS PROPOSTAS.
Establécense dúas categorías:
- Proxectos de divulgación e difusión na sociedade da arquitectura e do traballo dos arquitectos.
- Outros proxectos culturais.
En calquera das categorías os proxectos poderán ser: Publicacións/Exposicións/Congresos e xornadas/ outros.
REQUISITOS DOS PARTICIPANTES
- A proposta poderán ser presentadas por calquera colexiado, persoa física, que se atope ao corrente de pagos e en plenitude dos seus dereitos como colexiado, que acredite a autoría da mesma.
- As propostas terán que ser obrigatoriamente sobre temas relacionados coa arquitectura e o urbanismo e territorio.
- No caso de equipos multidisciplinares, o contido principal continuará sendo a arquitectura e o urbanismo e os seus representantes dentro do equipo, arquitectos colexiados. Valoraranse preferentemente aquelas vinculadas á nosa área xeográfica.
- Non se poderán sumar a axudas do mesmo tipo, polo que non se admitirán aquelas propostas que xa teñan apoio do COAG
As axudas poderán ser de diversos tipos: achegas económicas, apoio e difusión e mesmo edición de publicacións. En cada unha das propostas deberá incluírse o tipo de axuda que se solicita do COAG.