Atención colexial o martes 21 de febreiro “Martes de Entroido”

21 Feb 2023

Atención presencial.

Infórmase que hoxe martes 21 de febreiro, con motivo da festividade de Martes de Entroido, as oficinas colexiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Ferrol permanecerán pechadas, polo que só haberá atención presencial nas delegación de Pontevedra, Vigo e Santiago.

Atención telefónica.

Con motivo da festividade do Martes de Entroido, debido á redución de efectivos por mor do desfrute do festivo polo persoal, ese día a capacidade de atención telefónica será inferior á habitual, polo cal recoméndase o emprego de medios de comunicación telemáticos co Colexio.

Atención telemática.

Polos motivos expostos, recomendase que o vindeiro martes 21 de febreiro o contacto co COAG, se realice a través da plataforma de consultas colexial, dispoñible no panel de servizos da web colexial.

En relación co anterior, lémbrase que, a través da referida plataforma, se poden realizar consultas sobre cuestións como:

  • Visado / Tramitación
  • Asesoramento técnico
  • Formación
  • Finanzas e Tesourería.
  • Colexiación e Secretaría.

No caso de non ter claro o ámbito da consulta, deberase usar a modalidade de Outras consultas. Tamén é posible presentar reclamacións por este medio.

Lamentamos as molestias que esta circunstancia poida causar.

Compartir