AGAU – Agrúpate

14 maio 2024

Todas as persoas colexiadas no COAG que, estando na súa plenitude de dereitos, o soliciten poden formar parte da AGAU-COAG. Pódese tramitar a inscrición a través deste enlace, accedendo coas credenciais colexiais.

A inscrición, que para este ano 2024 é de balde, é necesaria para ser persoa integrante da agrupación e permite, entre outras cuestións:

  • Asistir e dirixir propostas nas Asembleas Xerais da Agrupación con voz e voto.
  • Ser elixido/a como persoa integrante da Xunta Directiva da Agrupación.
  • Elixir a Xunta Directiva da Agrupación segundo se prevé no Regulamento.
  • Propoñer suxestións e/ou propostas á Xunta Directiva da Agrupación.
  • Participar nas actividades da Agrupación e ser informado delas.

Páxina web da AGAU-COAG

Compartir