Resultado do proceso de selección dun equipo para a realización das obras requiridas polo Departamento de Inspección e Disciplina Urbanística do Concello de Santiago en relación cos inmobles en Praza da Quintana, 1 e 3

7 Mar 2024

Infórmase da resolución do proceso de selección dun equipo para a realización das obras requiridas polo Departamento de Inspección e Disciplina Urbanística do Concello de Santiago en relación cos inmobles en Praza da Quintana, 1 e 3 (circulares 2/2024 e 4/2024).

O tribunal que realizou a valoración das propostas presentadas, quedou  constituído por:

  • O vogal de Xunta de Goberno responsable da Área de Cultura e Patrimonio D. José Luis Gil Pita exercendo como Secretario do tribunal que levanta a actual acta.
  • O colexiado designado pola xunta directiva da delegación de Santiago D. Gonzalo Alonso Núñez.
  • A colexiada designada pola Comisión Executiva colexial. Dª Belinda Besada Vergara.

Exerceu como Secretario do tribunal o vogal de Xunta de Goberno responsable da Área de Cultura e Patrimonio.

Dito tribunal, reunido telematicamente os días 23 e 26 de febreiro, procedeu a resolver o seguinte:

1º- Rematado o prazo de presentación de candidaturas, constan presentados, por orde de recepción, os seguintes equipos:

    1. Joaquín Fernández Madrid, colexiado nº  121 e Pedro R. Iglesias Pereira, colexiado nº 1193, como Fernández Madrid e Iglesias Pereira, S.C.P. (20.114) e Álvaro Ucha Boado, colexiado nº  5.059.
    2. Carmen Rey López, colexiada nº  2473, Carmen García González, colexiada nº  2637 e Belén Álvarez Abalde, colexiada nº   5348.
    3. Jesus Maria Alonso Fernandez, colexiado nº  2831 e Maria José Villameriel Pérez, col 5265.
    4. Juan López Villanueva, colexiado nº 3435, Elena Sarmiento Díez, colexiada nº  3934 e Adrián Martín Prieto, colexiado nº  3677.
    5. Claudia Ares Criado, colexiada nº  5175 e Jorge Duarte Vázquez, colexiado nº  3128.
    6. Juan Orozco Corredoira, colexiado nº 4593, Iago Seara Morales, colexiado nº 457 e Gabriel Doval Caramés, colexiado nº 5313.

2º- Das seis candidaturas quedan excluídas as dúas que se indican a continuación:

    1. O equipo encabezado por Juan Lopez Villanueva, xa que non consta con ningún colexiado con menos de 5 anos de colexiación.
    2. A proposta presentada por Juan Orozco Corredoira, xa que chegou fora de prazo (o prazo remataba ás 14:00 horas do 31 de xaneiro de 2024) constando como data de entrega a de 02-02-2024  ás 11:56:48.

3º- Son admitidas a concurso as catro restantes das seis iniciais:

    1. Joaquín Fernández Madrid, colexiado nº 121 e Pedro R. Iglesias Pereira, colexiado nº 1193, como Fernández Madrid e Iglesias Pereira, S.C.P. (20.114) e Álvaro Ucha Boado, colexiado nº . 5.059.
    2. Carmen Rey López, colexiada nº  2473, Carmen García González, colexiada nº 2637 e Belén Álvarez Abalde, colexiada nº 5348.
    3. Jesus Maria Alonso Fernandez, colexiado nº 2831 e Maria José Villameriel Pérez, colexiada nº  5265.
    4. Claudia Ares Criado, colexiada nº 5175 e Jorge Duarte Vázquez, colexiado nº 3128.

4º-  Conforme ao previsto nas bases, o tribunal procedeu a valorar a documentación cos méritos dos 4 equipos presentados que cumpren os requisitos da convocatoria. Cada membro do tribunal, procedeu a valorar a cada un dos equipos cunha valoración de 0 a 10 (sendo 0 menos favorable e 10 máis favorable). Como resultado desa votación, as puntuacións finais de cada equipo, correspondente á media das valoracións de cada membro do tribunal e ordeadas de maior a menor, son as seguintes:

    • 1º. Joaquín Fernández Madrid, colexiado nº  121 e Pedro R. Iglesias Pereira, colexiado nº.1193, como Fernández Madrid e Iglesias Pereira, S.C.P. (20.114) e Álvaro Ucha Boado, colexiado nº 5.059. Puntuación: 9,72 
    • 2º. Carmen Rey López, colexiada nº 2473, Carmen García González colexiada nº 2637 e Belén Álvarez Abalde, colexiada nº 5348. Puntuación: 9,61
    • 3º. Claudia Ares Criado, colexiada nº 5175 e Jorge Duarte Vázquez, colexiado nº 3128. Puntuación: 6,78
    • 4º. Jesus Maria Alonso Fernandez, colexiado nº 2831 e Maria José Villameriel Pérez  colexiada nº 5265. Puntuación: 6,28

O equipo que máis puntos obtivo é o que optará á contratación para a prestación do servizo. Os demais equipos, pasarán a formar parte do listado de suplentes, conforme á orde que se indica no fallo do xurado.

A adxudicación definitiva do encargo dependerá de que o equipo seleccionado acredite que cumpre todos os requisitos da convocatoria, así como aqueles requisitos fiscais, laborais, administrativos, de cobertura de responsabilidade civil e calquera outro que sexa necesario para asumir o encargo.

En caso de que o equipo seleccionado finalmente non realice o encargo, procederase a ofrecer a contratación aos suplentes pola orde de prelación indicado ata que se asigne o servizo obxecto do contrato.

Pódese consultar a acta completa do tribunal no seguinte ENLACE.

 

Compartir