La empresa ATAYO S.A. ofrece a los colegiados la base de precios de construcción PREOC 2020 y el programa de Mediciones y Presupuestos PREMETI 2020 (v.13.0), este año con importantes novedades. Continuar lendo →
Novas de Uncategorised
Este taller on line está orientado á xestión de pequenos estudos de arquitectura (entre 1 e 5 persoas) e ten como obxectivo que os alumnos adquiran coñecementos e habilidades para:
- Coñecer e xestionar ferramentas de comunicación dixital que permitan establecer a rastrexabilidade das comunicacións relacionadas cos diferentes proxectos e traballos do estudo.
- Aprender a xestionar as comunicacións con colaboradores internos, así como con potenciais colaboradores ou axentes externos para a organización para que estean integradas de xeito eficiente na propia canle de comunicación do estudo.
Para a aplicación práctica do contido do curso, empregarase a versión gratuíta da ferramenta Slack. Continuar lendo →
No constante labor de asesoramento a técnicos e administracións públicas, o Colexio de Arquitectos presenta este informe sobre como aplicar as 5 seccións do DB-HEI nas intervencións en edificios existentes, tra-los cambios introducidos polo Real Decreto 732/2019. A día de hoxe a aplicación é voluntaria, pero será obrigatoria para aquelas obras para as que se solicite licenza municipal a partir do 28 de xuño de 2020. Continuar lendo →
Tal como vimos anunciando dende a semana pasada, como resposta á situación de emerxencia sanitaria na que atopamos, desde o COAG estase a traballar nunha planificación de cursos en formato exclusivamente on line que permita compatibilizar a formación e actualización dos colexiados en diferentes materias coas medidas de confinamento e distanciamento social derivadas da situación actual.
Nos documentos adxuntos, podedes consultar a planificación anual, que incluye ya esta modificación, así coma a programación de cursos on line a desenvolver durante os meses de marzo, abril e maio. Continuar lendo →
Jueves, 26 de marzo. 09:00 – 10:30 horas.
Como resposta á situación de emerxencia sanitaria na que atopamos, desde o COAG estase a traballar nunha planificación de cursos en formato exclusivamente on line que permita compatibilizar a formación e actualización dos colexiados en diferentes materias coas medidas vixentes. Así, este curso é o primeiro dunha programación máis ampla que poñeremos á vosa disposición nos próximos días.
O obxectivo deste curso é que os alumnos adquiran unha visión xeral dos principais aspectos e criterios de aplicacion das NHV, tanto a obra nova como a edificacións existentes. Para iso, o curso exponse como unha revisión crítica que aclare os erros máis frecuentes de aplicación desde un enfoque práctico. Así mesmo, analizarase a filosofía que as levou a compatibilizar os requirimentos de habitabilidade cos de protección do patrimonio, coordinando os criterios sobre excepcionalidade para permitir a rehabilitación de edificios e vivendas con criterio, pero sen trabas. Continuar lendo →
Planeamento urbanístico publicado na primeira quincena do mes de marzo de 2020 no Diario Oficial de Galicia e nos Boletins Oficiais de A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra, incluíndo os Plans con trámite de Avaliación Ambiental Estratéxica aberta, publicados na web da Xunta de Galicia. Continuar lendo →
Fotografía: Ana Amado
O obxectivo deste taller é explorar as posibilidades e os límites que ten a fotografía de arquitectura, analizando, por unha banda, a obra de autores de referencia e por outro, as ferramentas técnicas e a narrativa da reportaxe fotográfica á hora de comunicar como é un edificio, como se relaciona co seu contexto físico ou que ideas e sensacións espaciais transmite.
A fotografía estivo íntimamente ligada á arquitectura desde as súas orixes. A imaxe fotográfica foi, e o é na actualidade máis que nunca, indispensable para o estudo da arquitectura, especialmente da arquitectura contemporánea. A fotografía pasou de ser unha ferramenta de traballo ou un apoio gráfico da arquitectura, a constituír a principal vía de difusión da mesma, ata o punto de poder chegar a influír no mesmo deseño arquitectónico, ao ser concibido desde a súa potencial fotoxenia. Continuar lendo →
DEPOSITOS COBALLES, S.L. con sede en O Rosal – Pontevedra, selecciona arquitecto/a para modelador BIM Continuar lendo →
Comentarios recientes