Concello de Cervantes | Unha praza de arquitecto

8 xuñ 2021

O BOP de Lugo do 8 de xuño (nº 128) publica o anuncio do Concello de Cervantes relativa á convocatoria e bases que rexerán a selección como funcionario/a interino/a de un/unha arquitecto/a nese Concello.

As instancias poderán presentarse durante o prazo de vinte (20) días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no BOP.

Por último, infórmase que, conforme ao acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión 11/2016 de 1 de setembro, o criterio colexial en relación con convocatorias públicas de ofertas de emprego, concursos ou de calquera outro tipo, será o de difundir entre os colexiados aquelas nas que, estando admitidos os arquitectos para participar, se consideren de especial interese, con independencia de que o Colexio proceda a revisar os termos da convocatoria concreta, coa finalidade de interpoñer recursos ou realizar todas as xestións que considere oportunas para impugnar ou manifestar a súa desconformidade co contido das mesmas.

Compartir